spot_img
InicioGaliciaCOGAMI presenta en Fitur un innovador proxecto de promociión do turismo accesible...

COGAMI presenta en Fitur un innovador proxecto de promociión do turismo accesible en Galicia

cogami-presenta-fitur-innovador-proxecto-promociion-do-turismo-accesible-galiciaO stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo FITUR foi o lugar elixido por COGAMI e a empresa líder na promoción do turismo accesible Equalitas Vitae, para lanzar un proxecto innovador e favorable a todas as persoas que decidan elixir Galicia como lugar de vacacións o tempo de descanso

Ambas entidades promoverán conxuntamente o turismo accesible e inclusivo en Galicia e para dar fe dilo, tanto o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, como a representante de Equalitas Vitae, Izaskun Benito, firmaron un acordo de colaboración onde se comprometen a traballar conxuntamente para desenvolver plans de accesibilidade no sector turístico galego. COGAMI realizará estudos para diagnosticar as condicións de accesibilidade no aloxamentos e oferta turística e cultural con propostas de melloras nos casos nos que existan carencias nesta materia.

Anxo Queiruga resaltou a importancia deste proxecto para todas as persoas explicando que “o lecer é un elemento básico na vida cotiá, un dereito e un factor de inclusión social, polo que temos que acceder en igualdade de condicións ao goce do turismo”.

Equalitas Vitae axudará na promoción e posicionamento dos destinos que cumpran cuns requisitos de accesibilidade establecidos e que garantan un servizo turístico de calidade para clientela con necesidades especiais. Ditos recursos aparecerán promocionados en www.equalitasvitae.com, o portal líder en promoción do turismo accesible en fala hispana e na APP Turismo accesible, dispoñible en versión Android e IOS.

En palabras de Izaskun Benito, “sentímonos orgullosos da iniciativa que estamos realizando con COGAMI para traballar conxuntamente polo desenvolvemento e posicionamento deste destino en materia de turismo accesible”.

Durante a presentación, tamén se anunciou que aqueles establecementos que cumpran coas condicións de accesibilidade establecidas van recibir un Distintivo de Accesibilidade, #Galiciaaccesible, un certificado que garanta un nivel de accesibilidade que testemuña que as instalacións son aptas para persoas con discapacidade. Con esta iniciativa trátase de incentivar ás empresas ou entidades turísticas que traballan en iniciativas de turismo inclusivo e dálas a coñecer dentro do colectivo de persoas con discapacidade.

Equalitas Vitae é unha consultora especializada en turismo accesible con máis de 10 anos de experiencia. O seu labor de promoción do turismo accesible é especialmente destacado a través de diversas ferramentas  online como son o seu portal www.equalitasvitae.com que ten máis de 30.000 visitas mensuais, a súa  APP Turismo accesible, o blog de viaxes accesibles www.sillerosviajeros.com que conta con máis de 40 colaboradores con discapacidade e que recibe máis de 20.000 visitas mensuais. Así mesmo conta cunha nutrida comunidade de persoas seguidoras en redes sociais, a maioría persoas con discapacidade interesadas en viaxes, lecer e turismo accesible.

Equalitas  Vitae traballa de forma activa con numerosos destinos nacionais e internacionais axudando a desenvolver iniciativas de turismo accesible e a posicionalos como destinos turísticos inclusivos.

Fuente//COGAMI

- Publicidade -spot_img