spot_img
InicioO SalnésCoca-Cola Company amplía o apoio na BTTinto e anuncia a proba...

Coca-Cola Company amplía o apoio na BTTinto e anuncia a proba nos seus canais de promoción

BTT RibadumiaO Concello de Ribadumia en colaboración  coa Deputación de Pontevedra e cos clubs ciclistas Armenteira e Punto, o Club Ciclista Salnés e o CDM Xesteiras, continúa traballando nos preparativos para a IV edición da Ruta BTTinto que este ano se celebrará o vindeiro domingo 7 de xuño en Barrantes.

A BTTinto, apadriñada nesta ocasión polo recoñecido exciclista Fernando Escartín, estase a converter nunha das probas máis importantes a nivel nacional. Na última edición participaron ao redor de 2.600 participantes e nesta espérase superar os 3.000.

A multinacional anunciará o evento deportivo na súa web de eventos 

Dada a evolución evidente que a proba consegue con cada edición, son moitos os organismos e empresas interesados en participar na que xa se constitúe como unha das probas BTT máis importantes de Galicia.

A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, presentou  o proxecto ante a Secretaria Xeral para o Turismo, Nava Castro, comprometéndose esta ó apoio no evento por constituírse como unha proba impulsora dos centros BTT existentes na comarca. A semana pasada, os concellos que gardan a BTT do Salnés onde se celebra a proba- Ribadumia, Meaño e Meis- , decidiron dar continuidade ó convenio sobre a continuidade do Centro BTT do Salnés para que a proba continúe mostrando parte dos segredos máis fermosos da comarca.

Coca-Cola Company  inclúe a BTT na súa web de eventos

Non é o primeiro ano que a multinacional colabora coa proba deportiva. Nas edicións anteriores o apoio consistía principalmente nunha axuda en especie para os deportistas participantes.

Este ano, e vista a evolución que se está a conseguir cada ano, a empresa decidiu ampliar o seu apoio co evento deportivo comprometéndose a anunciar o evento en todo o territorio nacional a través de canais de promoción, incluída a súa web de eventos.

Por todo iso, e vista a repercusión que poder ter a promoción da proba nunha páxina de tal envergadura, o Concello de Ribadumia quere agradecer a súa confianza posta na proba e espera que con axudas como estas poida ter a máxima difusión e chegar a consolidarse a nivel nacional.

Trail de montaña como novidade

Coma en edicións anteriores, a BTTinto organiza a proba principal de Mountain Bike, de 49 km de recorrido e coa alternativa dos 33 km de ruta para as persoas que queiran disfrutar dun contacto directo coa natureza e coa riqueza patrimonial de Ribadumia e de Meis nunha proba menos esixente. A ruta percorre lugares de gran atractivo, coma é o monte do Castrove con vistas panorámicas da ría, muíños, mosteiros e bosques de gran beleza.

Nos primeiros días de inscrición xa hai máis de 1.000 persoas anotadas

Coma en edicións anteriores tamén haberá unha ruta de sendeirismo de 20 km de recorrido e unha proba combinada de 35 km a bicicleta e 20 km de carreira a pe. A novidade deste ano chega coa integración dunha carreira de montaña –trail de montaña– que supoñen unha proba moi atractiva e que se atopan en auxe en todo o panorama nacional.

A inscrición é gratuíta  e estará disponible na páxina web do Concello de Ribadumia ata o día 3 de xuño ás 00:00 horas.

- Publicidade -spot_img