spot_img
InicioVal MiñorBaionaCo Volei-Praia na Ladeira comezan os torneos de verán Baiona

Co Volei-Praia na Ladeira comezan os torneos de verán Baiona

Preto de 150 deportistas, 28 equipos adultos e 6 Sub-14, participarán este sábado no XVIII Volei-Praia 3×3

Os torneos de verán Vila de Baiona “Gran Premio Villarosa-La Caixa” comezarán este sábado, 29 de xullo, na praia da Ladeira cun total de 34 equipos xogando polo título de Volei-Praia. Preto de 150 deportistas, 28 equipos de adultos e 6 de categoría Sub-14, están inscritos para participar no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

O torneo de Volei-Praia comezará ás 10:00 horas deste sábado e desenvolverase en dúas fases tentando que todos os equipos permanezan en competición o maior tempo posible. A fase previa será con grupos en sistema de liga todos contra todos a 1 set de 21 puntos e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de 3 sets a 15 puntos. No caso da competición Sub-14 os partidos comezarán ás 16:00 horas.

Ao longo do mes de agosto, o Concello de Baiona organiza outros tres torneos de verán. As inscricións xa están abertas e poden formalizarse no Pavillón Municipal, a través do e-mail deportes@baiona.org ou no teléfono 986.356.558.

A seguinte competición dos torneos de verán Vila de Baiona “Gran Premio Villarosa-La Caixa” será o XVI Palas-Praias 2×2 (categoría única adultos mixtos), cunha idade mínima de 14 anos e a celebrar o vindeiro 12 de agosto (12:00 horas) na Praia da Ribeira. Posteriormente, chegará a quenda para o XV Concurso Infantil de Pesca “Concello de Baiona”, o 18 de agosto no Porto Pesqueiro, e por último, os vindeiros 25 e 26 de agosto celebrarase o XXII Basket 3×3 no parque da Palma para as categorías mixtas Sub-12, Adultos, Veteranos e Especial.

Todas as actividades están organizadas polas concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona.

- Publicidade -spot_img