spot_img
InicioBaixo MiñoO Club de Remo Tui-Seta, claro vencedor do Campionato Galego de Remo...

O Club de Remo Tui-Seta, claro vencedor do Campionato Galego de Remo Olímpico

Trece medallas conseguidas, nove de ouro, dous de prata e dúas de bronce, foi o resulatado acadado polos integrantes do Club de Remo Tui-Seta, que participaron esta fin de semana no Campionato Galego celebrado en Castrelo do Miño na provincia de Ourense.

O pasado sábado, celebrouse no encoro de Castrelo do Miño, o Campionato Galego de Remo Olímpico Xuvenil/Sub-23/absoluto/Veterano e Adaptado, onde os remeiros de Tui probáronse de fronte ao campionato de España que se celebrase o próximo fin de semana na pista da cartuxa de Sevilla.

A primeira medalla veu da Skifista Xuvenil feminina Paula Prada Fernández, que nunha extraordinaria regata conseguiu facerse coa medalla de Ouro.A seguinte medalla de ouro viría da man do 2- Absoluto Masculino, onde Sergio Pérez Moreno e Jaime de Haz Iraurgui, conseguirían alzarse coa medalla de ouro sen dar ningún tipo de opción aos seus rivais desde a saída.

A outra medalla de ouro, viría de Rodrigo Conde Romero e o seu compañeiro Jesús González Álvarez en 2x Absoluto Masculino, querían probar o bote cara ao próximo campionato de España, xa que era unha embarcación para estrear, e quedou ben probada xa que se alzaron coa medalla de ouro e as sensacións, dicían ser boas.

En 4+ Absoluto Masculino, a medalla de ouro conseguiríana Jorge André Carvalho Correia, Cristian Fernández Pumar, Damian Alonso Alonso, Fracisco Javier Álvarez Paz, e como timoera, Raquel Comesaña Gómez.

En 4x Absoluto Masculino, o ouro foi para David Prada Fernández, Óscar Alonso Alonso, Gonzalo Pérez e Francisco Javier Álvarez Paz.

En 4- Absoluto Masculino conseguiría o ouro , Jorge André Carvalho Correia, Isaac Prada Fernández, Cristian Fernández Pumar e Damian Alonso Alonso.

A medalla de ouro en Oito con temoneiro na máxima categoría veu da man dos remeiros Rodrigo Conde Romero, Jesús González Álvarez, Jaime de Haz Iraurgui, David Prada Fernández,  Francisco Javier Álvarez, Oscar Alonso, Gonzalo Pérez, Sergio Pérez e como temoeira Raquel Comesaña Gómez.

Xa en veteranos, a medalla de ouro en 4- conseguiríaa Xulio Alonso, Baltasar Márquez, Camilo Aval e Enrique Pena. E na regata reina de Veteranos do Club Remo do Miño, tamén conseguirían o ouro no 8+. A tripulación estaba formada por Xulio Alonso, Baltasar Márquez, Camilo Aval e Enrique Pena, Carlos Juncal, Gerardo Díaz, José A. Comesaña , Juan Ramón Vilar e como temoeiro Nadine Fernández.

A medalla de prata, viría na categoría Xuvenil Masculino, concretamente na modalidade do 4- formado por Pablo Rodríguez, Yassin Saadna, Salahedin Cherti e Gabriel Oliveira. Destacar que estes novos remeiros soamente levan remando sete meses. A outra medalla de prata veu da mesma tripulación pero na modalidade de 4+ e de temoeira Raquel Comesaña Gómez.

As medallas de Bronce virían na modalidade de Skiff. Un en Sénior ‘B’ conseguida por Santiago Rodríguez, que tamén leva sete meses remando e fíxoo moi ben. E a outra de Bronce conseguiríaa o veterano Manuel Villaverde que volveu á competición 35 anos despois. Manuel foi un dos lendarios remeiros da época dos anos 80 varias veces campión de España.

Tamén se conseguiu un meritorio 4º posto na modalidade de Skiff xuvenil Masculino, onde Iago Fernández despois de facer a súa regata, a pesar de estar moito tempo lesionado, soubo estar na cabeza cos mellores.

E por último informar que o CLUB REMO DO MIÑO-SETA, desprázase este fin de semana próximo a Sevilla a participar no campionato de España, no que desexamos aos nosos deportistas unha boa viaxe e moitos éxitos.

- Publicidade -spot_img