spot_img
InicioBaixo MiñoO Club de Patinaxe Artístico Ribex gaña o III Trofeo Cidade de...

O Club de Patinaxe Artístico Ribex gaña o III Trofeo Cidade de Alcoy de Grupos Show Grandes e o quinto posto no VIII Campionato de España de Grupos Xuvenís

O Club de Patinaxe Artística Ribex, vixente campión galego de Grupos Show Grandes, lograba onte mellorar o seu resultado do ano pasado no Trofeo Cidade de Alcoy cando terminaba en segunda posición, pois esta vez conseguiron a primeira praza e a medalla de ouro grazas a unha gran actuación que lles permitiu finalizar con case catro puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado.
Na categoría que pechaba a segunda xornada no polideportivo municipal Francisco Laporta, ademais do grupo de Tui tamén participaron CPA Soutomaior que se situaba sexto e CP Ribeira oitavo.
Anteriormente disputábase a oitava edición do Campionato de España de Grupos Show Xuvenís, onde CPA Ribex era o mellor entre os representantes galegos no quinto posto mentres CP Campus Stellae era noveno, CPA Condado décimo e Bolboreta décimo terceiro.

Clasificacións: Grupos Xuvenís – Grupos Grandes

- Publicidade -spot_img