O Club Patinaxe Artístico Gondomar fai vibrar as Travesas con su ‘Alma Torera’

O Club Patinaxe Artístico Gondomar paricipou esta fin de semana no II Trofeo Internacional Concello de Vigo en grupos pequenos, conseguindo revalidar título ao subirse ao máis alto do podium

Este fin de semana o pavillón central das Travesas en Vigo acollía un dos mellores espectáculos do ano de Grupos Show na modalidade de Patinaxe Artística. Con 30 clubs participando e 74 grupos, a segunda edición do II Trofeo Internacional Concello de Vigo volveu ser un éxito baixo a organización do Club Patín Vagalume Celtamotor, a pesar da complexidade que supón unha competición con case un milleiro de participantes, pois ademais era puntuable para a Copa Galega de Grupos Show.

Tras a apertura na tarde do sábado, cos 20 Grupos Promocionais Pequenos e os 9 Grandes entre os cales vencían respectivamente Rosaleira Mos con Tallando a perfección e PA Bolboreta con Winter is coming, a modalidade de Cuartetos con 13 grupos cativou ao público coa espectacular actuación Darkness do Juventude Pacense da localidade lusa de Paços de Ferreira, que se impoñía por unha escasa diferenza de puntos ao C.A.R.P.A-Viqueira de Vigo co seu Dáme unha razón. O Giralda de Sevilla con Sangue completaba o podio.

Non menos interesante resultou a xornada do domingo, onde lle correspondía actuar aos 13 Grupos Xuvenís, os 7 Grandes e os 12 Pequenos. Entre os Xuvenís, PA Condado de Salvaterra de Miño con Efecto dominou impoñíase a AD Liceo con Ti e Campus Stellae con Poison.

C.A.R.P.A.-Viqueira repetía o seu triunfo do ano pasado en Grupos Grandes con Darasmo todo seguido por CPA Ribex con Envexa e CPA Valladares con Elemento vital. Os Grupos Pequenos pechaban esta segunda xornada con CPA Gondomar e a súa Alma toureira liderando a clasificación por diante de C.A.R.P.A.-Viqueira e o seu Náufragos en terra e de CD Fontiñas con Ruído.

comillasO Club Patinaxe Artistico Gondomar vixentes campioas galegas e con puntuacións por encima do 9 fixeron vibrar á bancada unha vez máis con ‘Alma Torera’, situándoo na antesala da súa participación no mundial que é un fito histórico da Patinaxe na nosa comunidade.

As Gondomareñas que partían como claras favoritas non defraudaron cunha posta en escea impecable baixo os acordes da Malagueña facendo gala das súas señas de identidade: velocidade, técnica, expresión artística e a emoción que se plasmou con unanimidade tanto de xuíces como de bancada recompensada cunha gran ovación que serve de estímulo para a próxima participación no mundial de Nanjing e traballando para recadar fondos para facer fronte a este novo reto que supón un desafío para a entidade do Val Miñor.

o-club-patinaxe-artistico-gondomar-fai-vibrar-as-travesas-con-su-alma-torera

Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Manuel Fernández, concelleiro de deportes da cidade olívica, entregaron os trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, poñendo así un brillante colofón a dúas xornadas espectaculares, nas que tamén estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco ferreira e a concelleira de deportes, Nuria Lameiro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies