spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoClub de Mar Ría de Aldán gaña o I Trofreo Princesa de...

Club de Mar Ría de Aldán gaña o I Trofreo Princesa de Asturias

Club-Mar-Ría-Aldán-gaña-I-Trofreo-Princesa-Asturias

O pasado sábado 29 de agosto, disputouse na Ría de Aldán o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo proba puntuable para a liga Galega na modalidade de ríos e travesías, na liña de saída déronse cita as categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano na modalidade de K4 e C4 sumando un total de 80 embarcacións de 19 clubs.

O Piragüismo Vilaboa foi o mellor en homes senior e a Ría de Aldán en mulleres

O Club de Mar Ría de Aldán impúxose na clasificación final de clubs por diante do Club Piragüismo As Torres que foi segundo, terceiro sería o E.P. Cidade de Pontevedra.

Pola contra O Club Piragüismo Vilaboa foi o primeiro en homes senior, o Club de Mar Ría de Aldán impúxose na categoría feminina.

As demais clasificacións quedarían da seguinte maneira:
Masculina Cadete: 1º Club Confraría de Pescadores Portonovo.
Feminina Cadete: 1º Club As Torres Romaría Viquinga.
Masculina Xuvenil: 1º Club Naval de Pontevedra.
Feminina Xuvenil: 1º Club de Mar Ría de Aldán.
Masculina Veterano: 1º Club de Mar Ría de Aldán.

1º RESULTADOS CLUBS HOMBRE CADETE

2º RESULTADOS CLUBS MUJER CADETE

3º RESULTADOS CLUBS HOMBRE JUVENIL

4º RESULTADOS CLUBS MUJER JUVENIL

5º RESULTADOS CLUBS HOMBRE SENIOR

6º RESULTADOS CLUBS MUJER SENIOR

7º RESULTADOS CLUBS HOMBRE VETERANO

8º RESULTADOS CLUBS PRINCIPE DE ASTURIAS

10º RESULTADOS INDIVIDUALES PRINCIPE DE ASTURIAS

As 80 embarcacións que participaron na proba mostraron un gran espectáculo ao público presente na praia de Vilariño. O momento máis esperado por todos foi a metade da proba cando os padeeiros tiveron que realizar o porteo da súa embarcación durante 150m que a organización delimitou na praia.

Na categoría home kaiak senior os primeiros en entrar en meta serían os deportistas do Club Piragüismo Vilaboa. A embarcación do Club Breogan do Grove foi a vencedora en C4 senior e en mulleres senior a vitoria foi para a K4 do Club de Mar Ría de Aldán.

As seguintes competicións da liga que está a moi preto do seu final serán o sábado día 5 en Pontedeume coa 49 edición do Descenso do Eume e o domingo día 6 de setembro celébrase o 1º Trofeo Rías Baixas na modalidade de K4 e C4

- Publicidade -spot_img