spot_img
InicioBaixo MiñoO Club Atletismo Trega de Tomiño, consegue os primeiros éxitos da tempada...

O Club Atletismo Trega de Tomiño, consegue os primeiros éxitos da tempada en Valdeorras

colleita os primeiros éxitos da tempada en ValdeorrasO Club Atletismo Trega de Tomiño acadou un ouro, tres bronces individuais e un bronce por equipos no campionato de Galicia de Cross Curto federado celebrado esta fin de semana en Valdeorras

O ano comeza con moi bo pé para o Club Atletismo Trega. O equipo de Tomiño conseguía esta fin de semana un ouro, tres bronces individuais e un bronce por equipos no campionato de Galicia de Cross Curto federado organizado celebrado na zona recreativa de O Aguillón e organizado pola Federación Galega e a Delegación Valdeorresa de Atletismo.

O responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quere felicitar públcamente aos compoñentes do Club Trega polo gran papel desempeñado neste campionato dividido en tres probas: o Memorial Alejandro Lorenzo e campionato galego de menores de campo a través Sub 10, Sub 12 e Sub 14; o XIII Campionato de Galicia cadetes Sub 16 e o XI Campionato de Galicia de Cross Curto de clubs desde Sub 23 ata sénior, veteranos e máster.

Resultados

Os atletas do Trega disputáronse as probas cos mellores deportistas de toda Galicia na especialidade de campo a través e cross curto, conseguindo moi bos resultados de toda a expedición do Baixo Miño. Ás mozas da categoría benxamín Sub 10 (Paula Rocha, Amanda Martínez, Mara González e Paula Martín) facían unha gran carreira e conseguían o primeiro logro para o club co bronce por equipos ao sumar un total de 42 puntos na categoría.  Mentres, na mesma categoría masculina, a Yeray Dacuña escapóuselle a medalla entrando xa na liña de meta e quedaba en cuarta posición.

Os alevíns femininos Sub 12 acabadan o seguinte éxito para o equipo ao conseguir Elisa Morgado un bronce ao entrar na liña de meta tras percorrer 1.500 metros en 6’ 22”, quedando coa sensación de poder facer algo máis para conseguir a prata. Cos resultados acadados por Carmen Magallanes, quinta clasificada, Mara Romeu, Aina Bolea e Carla Rocha as rapazas quedaban ás portas do podio por equipos, a tan só catro puntos do bronce. Unha grande actuación por parte do equipo xa que “para algunhas das atletas era a súa primeira vez competindo nun campionato galego”.

Ouro e bronce para os irmáns Sierpes, Álex e Christian, na categoría alevín masculino Sub 12 e bronce tamén para Marcela Morgado en infantís Sub 14 tras unha magnífica carreira.

Pola súa banda, o único representante do Club Trega no XIII Campionato de Galicia cadete, Hugo Domínguez, clasificábase no posto 21 tras unha carreira a ritmo constante e mantendo as mesmas posicións. No XI Campionato de Galicia de Cross Curto na categoría sénior-promesa Sub 23 mulleres Ariana González enfrontábase ás mellores atletas do momento en Galicia nesta modalidade e acadaba un meritorio noveno posto.

Dende o Club Trega de atletismos queren agradecerlle e destacar “o compromiso dos 21 atletas, adestradores, directivos e directivas e, como non, de todos os pais e nais desprazados” ata Valdeorras para desfrutar dun día de competición.

Continúan as citas

A próxima cita será esta fin de semana coa participación de integrantes do club no Campionato Escolar provincial Xogade, que se celebra o 3 de febreiro en Portas. Os e as atletas das categorías alevín, infantil e cadete que se clasifiquen participarán no Campionato Galego de Cross Xogade na Pobra do Caramiñal o vindeiro 17 de febreiro.

Este será un mes cunha axenda complicada para os e as atletas tomiñeses, xa que o 11 de febreiro participarán tamén no Campionato de Galicia de marcha en ruta de Aldán e o 25 de febreiro celebrarase o Campionato Galego de Pista Cuberta para benxamín, alevín e infantíl en Riazor, en A Coruña.

- Publicidade -spot_img