spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCine infantil no Museo de Pontevedra

Cine infantil no Museo de Pontevedra

O 22 de novembro ás 17:00 h, no salón de actos do Sexto Edificio proxectarase Kerity, la casa de los cuentos, a primeira das dúas películas de cine infantil que se poderán ver nestes meses finais do ano.

A entrada para esta actividade organizada polo Museo en colaboración co CGAI é de balde pero é preciso retirala previamente no Sexto Edificio. O aforo é de 250 prazas. Kerity, la casa de los cuentos é un filme francés dirixido en 2009 por Dominique Monféry que contou coa colaboración da ilustradora Rebecca Dautremer.

A película para nenos e nenas a partir dos cinco anos é unha bonita historia que subliña con imaxinación e fantasía a importancia da lectura como medio que nos transporta a mundos insospeitados e máxicos.

Foi Galardoada no Festival de Cine de Animación de Annecy.

A entrada para esta actividade organizada polo Museo en colaboración co CGAI é de balde pero é preciso retirala previamente no Sexto Edificio. O aforo é de 250 prazas. Kerity, la casa de los cuentos é un filme francés dirixido en 2009 por Dominique Monféry que contou coa colaboración da ilustradora Rebecca Dautremer.

SINOPSE:

Natanaël fará axiña os sete anos, pero aínda non sabe ler. Cando herda da súa tía Eleonor a máis valiosa colección de contos do mundo, a Natanaël séntalle fatal. No entanto, eses contos inclúen cadanseu segredo marabilloso, xa que cando anoitece, personaxes como Alicia, a malvada bruxa ou o Capitán Garfio cobran vida e saen das páxinas dos libros. Estes fantásticos personaxes avisan a Natanaël de que corren un grande perigo: pode que desaparezan para sempre xamais, e con eles as marabillosas historias que protagonizan, que entretiveron os nenos e nenas de todo o mundo xeración tras xeración. Para salvar os seus fantásticos amigos e máis as súas historias, Natanaël terá que enfrontarse a grandes perigos e incribles aventuras. Conseguirá ler a tempo a fórmula máxica que os ha salvar a todos?

- Publicidade -spot_img