spot_img
InicioVal MiñorNigránCentro Juan María e Concello de Nigrán únense nun proxecto pioneiro en...

Centro Juan María e Concello de Nigrán únense nun proxecto pioneiro en Galicia para mellorar a accesibilidade no municipio

Centro-Juan-María-Concello-Nigrán-únense-proxecto-pioneiro-Galicia-mellorar-accesibilidade-municipio

Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María, en Parada, unen forzas nun proxecto pioneiro en Galicia destinado a promover a inclusión e mellorar a accesibilidade no municipio, adiantándose e mellorando deste xeito a lei de accesibilidade de Galicia aprobada este ano. A iniciativa “Un Nigrán para todos” será explicado ao por menor este venres nunhas xornadas informativas no Auditorio Municipal ás 20.00 horas na que participarán profesionais de diferentes ámbitos: Dereito, Arquitectura, Comunicación…

Usuarios, persoal do Concello e o profesor de Dereito Jacinto Lareo analizarán a casa consistorial, unha farmacia ou a oficina de correos

O proxecto presentado esta mañá no Concello implica a creación dun grupo de traballo integrado por persoas do Centro Juan María, Jacinto Lareo (profesor de dereito administrativo na facultade de Dereito de Vigo) e edís do goberno.

Este grupo se reunirá unha vez ao mes e durante un ano co fin de analizar o entorno de Nigrán, concretamente traballarán en espazos como a propia casa consistorial, unha farmacia, a oficina de Correos, un restaurante-cafetería e todos aqueles que se vaian suxerindo.

O obxectivo non so é eliminar as barreiras físicas que impiden o acceso a determinados espazos, se non as barreiras sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as barreiras cognitivas que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos.

Precisamente, María Santos Comesaña, directora do Centro Ocupacional e de Día, incide en que “a falta de accesibilidade na discapacidade intelectual é a gran esquecida porque tradicionalmente se pensa nas barreiras físicas, que están máis claramente lexisladas”. Por exemplo, para unha persoa con discapacidade intelectual frecuentemente os iconos ou sinaléctica resultan moi confusos (moitas veces é case imposible para eles descifrar cal baño é para cada sexo).En definitiva, “Un Nigrán para todos” busca a inclusión das persoas con discapacidade intelectual mediante o desenvolvemento de accións informativas, análise, adaptación, validación, divulgación… E todo elo participando activamente nun grupo de traballo especializado en accesibilidade para adaptar espazos.

Centro-Juan-María-Concello-Nigrán-únense-proxecto-pioneiro-Galicia-mellorar-accesibilidade-municipio

“Proxectos como este satisfácennos especialmente. Tódalas pautas que dende aquí xurdan serán aplicadas cada un dos novos espazos que vaian nacendo en Nigrán e, ademais, iremos reformando os xa existentes. A nosa máxima é loitar para alcanzar un Nigrán ideal co que todos soñamos e onde todos vivamos un pouco mellor, e por iso apostamos 100% por este proxecto”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

https://cousasde.com/centro-juan-maria-e-concello-de-nigran-unense-nun-proxecto-pioneiro-en-galicia-para-mellorar-a-accesibilidade-no-municipio/Este venres celebraranse unhas xornadas informativas no Auditorio Municipal nas que participarán usuarios do centro, profesionais da Arquitectura, Dereito, Comunicación…

Neste senso, o Juan María ten experiencias previas moi satisfactorias, como ‘Una voz para todos’, exemplo de prensa adaptada de fácil lectura e gran uso de pictogramas ou ‘Reporteros en red’, un medio en soporte web no que os propios usuarios crean a noticia (dende a búsqueda, redacción, maquetación ou edición).

Xornadas Informativas do 23 de outubro
Nas xornadas do venres no Auditorio Municipal (20.00 horas) participarán, ademais de profesionais e usuarios do Centro Juan María, Jacinto Lareo, profesor de Dereito Administrativo na facultade de Dereito de Vigo; o arquitecto Alfonso Cuevas; Chano Criado del Rey, avogado experto en discapacidade intelectual.

Proxecto:”Un Nigrán Para Todos”

Existe un gran descoñecemento sobre as barreiras que atopan as persoas con discapacidade intelectual á hora de acceder á contorna que lles rodea.
.-As barreiras físicas impiden o acceso físico a determinados espazos.
.-As barreiras sensoriais impiden o acceso á información a través dos sentidos.
.-As barreiras cognitivas impiden a comprensión da contorna e os seus elementos.
O Centro Juan María, a través de “UN NIGRÁN PARA TODOS” quere divulgar a importancia da accesibilidade para as persoas con discapacidade intelectual, non só porque así o estableza a lei de accesibilidade de Galicia con entrada en vigor marzo 2015, senón porque é un beneficio para toda sociedade.
O proxecto levará a cabo en tres liñas de traballo e inicialmente durante un ano.

Obxectivo xeral
Promover a INCLUSIÓN das persoas con discapacidade intelectual mediante o desenvolvemento de accións informativas, de análises, de adaptación, de validación e divulgativas de interese social sobre a ACCESIBILIDADE UNIVERSAL e participando activamente nun grupo de traballo en materia de accesibilidade co Concello de Nigrán para ADAPTAR espazos da zona.

Obxectivos específicos
a) Facer partícipe e coñecedora á sociedade da realidade e capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
b) Favorecer a interacción das persoas do centro Juan María coa contorna mediante a mellora da accesibilidade.
c) Favorecer a toda a sociedade (persoas con diversidade funcional, estranxeiros, persoas maiores?) no acceso aos servizos da comunidade, adaptando espazos para que a información chegue a máis persoas con características distintas

 

- Publicidade -spot_img