Centos de persoas asisten a unha espectacular gala de reapertura do Castelo de Soutomaior

centos-de-persoas-asisten-a-unha-espectacular-gala-de-reapertura-do-castelo-de-soutomaiorA Deputación de Pontevedra reinagura o “Novo” Castelo de Soutomaior nunha espectacular gala á que asistiron centos de persoas e na que María Vinyals e o Doutor Lluria cobraron vida propia para conducir o evento

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ás deputadas e deputados do goberno provincial, inaugurou esta tarde no transcurso dunha espectacular gala chea de sorpresas, música, teatro e audiovisuais, o esperado proxecto de musealización do Castelo de Soutomaior. A través desta iniciativa, posta en marcha pola institución provincial, tal e como asegurou a súa presidenta, “queremos que Soutomaior sexa o corazón de todas as historias que temos que contar porque na provincia de Pontevedra “Somos historias” e practicamente todas elas cobran vida propia no Castelo”.

O proxecto de musealización, “á altura dos mellores Castelos do mundo e dotada da máis avanzada tecnoloxía”, é un paso máis na aposta do goberno de Carmela Silva por recuperar este recinto histórico para a cidadanía da provincia. “Queremos abrir á xente, ás familias,  un espazo que é de todas e de todos e queremos facelo cun Castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado”, asegurou a presidenta provincial, que tamén tivo un agradecemento especial para “as veciñas e veciños do pobo de Soutomaior”, presentes na Gala.

centos-de-persoas-asisten-a-unha-espectacular-gala-de-reapertura-do-castelo-de-soutomaiorCentos de persoas do mundo público, social, económico, cultural, turístico, deportivo e veciñal da provincia se deron cita no evento, no que a través de María Vinyals e o Doutor Lluria, púxose en valor a historia do Castelo xunto ao o variado e singular patrimonio da provincia de Pontevedra.

O acto comezou cunha representación simbólica da sinatura da acta de entrega do Castelo por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, da man de Vinyals e Lluria.  Trala sinatura, na porta de acceso ao Castelo, as autoridades e convidados entraron no patio de Armas mentres o dúo musical Cómplices interpretaba pezas musicais en directo.

No patio de Armas proxectouse un vídeo de dous minutos no que se presentaron as actuacións acometidas pola Deputación no recinto, convidando á cidadanía a que o visite e coñeza o proxecto de musealización no que se pon en valor “o legado das Rías Baixas como nunca antes foi contado”.  Amais, Vinyals e Lluria repasaron a historia do Castelo, dende o medievo, pasando polo século XIX, ata o actual proxecto de musealización. Neste eido, a propia Vinyals destacou que o Ben de Interese Cultural conta desde agora con “dez salas, con vídeomapping, proxeccións en 3D, audiovisuais interactivos, reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade”.

A música en directo de Cómplices, cun piano branco no patio de Armas, e dúas pezas audiovisuais puxeron en valor a importancia do Castelo na historia de Galicia e o variado patrimonio da provincia

Finalmente proxectouse un vídeo de catro minutos que leva como banda sonora “Un lugar en el mundo”, a peza composta por Teo Cardalda que foi tamén o tema central da campaña turística da Deputación de Pontevedra. Este novo audiovisual, que formará parte das accións promocionais da Deputación a partir de hoxe mesmo, ten como nexo común a melodía de “Cómplices” a través dun piano branco –o mesmo que estivo presente tamén durante a gala en Soutomaior- situado nos diferentes elementos do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra.  A través das imaxes e da música o vídeo recolle desde castelos como os de Soutomaior e Sobroso (Mondariz), a fortalezas como as de Baiona e Goián (Tomiño), torres como as da Lanzada (Sanxenxo) e Tebra (Tomiño), a capela da Peneda de Soutomaior, vistas da Guarda e de praias como as de Nigrán con Cíes ao fondo.

centos-de-persoas-asisten-a-unha-espectacular-gala-de-reapertura-do-castelo-de-soutomaiorAo remate da gala serviuse un aperitivo no que o espumoso de Albariño foi protagonista e entregáronse ás persoas convidadas cadernos e postais coa imaxe do Castelo de Soutomaior. Tamén se dispuxo un libro de visitas, que vai quedar no Castelo desde hoxe, para que as persoas que acudan ata o recinto histórico deixen as súas impresións sobre a visita.

Esgotadas as prazas para as visitas guiadas das xornadas de portas abertas

A primeira xornada de portas abertas resultou “un éxito absoluto, rexistrándose preto dun millar de persoas, con ata grupos de homes, mulleres e moitos nenos e nenas procedentes de Portugal e Alemaña”, indicou a presidenta provincial.

Para as vindeiras xornadas de portas abertas, os días 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, a Deputación de Pontevedra mantén a visita libre aberta a toda a cidadanía, xa que as prazas para as visitas guiadas están completamente esgotadas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies