Lugo

Turismo de Galicia achega preto de 46.000 euros á mancomunidade de concellos do Camiño Francés para mellorar a sinalización dos seus recursos turísticos

A Xunta de Galicia destinará preto de 46.000 euros á Mancomunidade de concellos do Camiño de Santiago Francés para mellorar a sinalización dos recursos turísticos que se atopan nos distintos municipios galegos polos que transcorre este percorrido. Máis en concreto, os concellos beneficiarios serán oito lucenses: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, […]
Ler máis

A Xunta desenvolverá en Lugo actividades lúdicas e didácticas durante a fin de semana nunha campaña de fomento da reciclaxe

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou na apertura da campaña de fomento da reciclaxe que durante toda a fin de semana desenvolverá na cidade a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración con Ecoembes e Sogama. Balseiro visitou o tráiler expositivo e coñeceu as actividades de carácter lúdico e […]
Ler máis

Novas actuacións para poñer en valor o castro de Viladonga no municipio de Castro de Rei (Lugo)

A Consellería de Cultura acaba de licitar obras de escavación, acondicionamento e consolidación deste xacemento situado en Castro de Rei, e que é un dos máis senlleiros de Galicia A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de licitar os traballos de escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, en Castro de […]
Ler máis

‘VíaGalicia favorece a creación dun ecosistema emprendedor baseado no talento’ sinalan Conde e Pedrosa

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e maila delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, asistiron hoxe en Pantón á xuntanza de máis de cen emprendedores do norte e do sur de Galicia que durante dous días están a convivir nun evento activador da colaboración empresarial. Estas xornadas sirven […]
Ler máis

Lugo acollerá os próximos Xogos do Eixo Atlántico

Lugo acollerá no verán de 2017 a duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que reunirán na cidade a unhas 5.000 persoas A Alcaldesa puxo en valor o significado de acoller este evento trasfronteirizo, que supón un importante empuxón “cara á promoción da cidade, a procura de cohesión territorial e a dinamización da zona máis […]
Ler máis

As Deputacións de Coruña, Lugo e Pontevedra propoñen a creación dunha comisión xurídico-técnica para avanzar no proxecto de xestión dos Parques Contraincendios

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o presidente da deputación de Lugo, Darío Campos,  propuxéronlle ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda a creación dunha comisión xurídico-técnica para avanzar con rigor no proxecto de xestión directa dos parques contraincendios provinciais. A primeira xuntanza terá […]
Ler máis

O Festival de Jazz de Lugo celebra o seu 25º aniversario con máis de 30 citas culturais en novembro arredor deste xénero musical

A organización do Festival de Jazz de Lugo presentou hoxe en rolda de prensa o programa da súa vixésimo quinta edición, que se desenvolverá do 7 ao 30 de novembro en catro espazos da cidade. Serán máis de trinta as citas culturais (concertos, proxeccións e unha exposición fotográfica), pensadas non só para os amantes deste […]
Ler máis

A Xunta dedica 640.000 euros a financiar na provincia de Lugo cinco obradoiros nos que traballan e se forman 75 menores de 30 anos e participan 16 concellos

A delegada territorial, Raquel Arias, participou hoxe en Guitiriz no acto de inauguración do obradoiro Asistencia Chaira Sur, no que traballan e se forman 15 mozos en atención socio sanitaria a persoas no domicilio, e que está financiado pola Xunta con 130.000 euros. Arias estivo acompañada pola alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, concello promotor deste […]
Ler máis

Sesión académica solemne de conmemoración do centenario da Escola Veterinaria de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na sesión académica solemne de conmemoración do centenario da Escola Veterinaria de Galicia, acto no que salientou o avance da Veterinaria nos últimos 30 anos desde a creación da súa Facultade na cidade de Lugo, o único centro do campus lucense que […]
Ler máis

Medio Ambiente leva a Lugo a campaña ‘Máis claro auga’ para concienciar aos cidadáns sobre a importancia de realizar un consumo responsable deste recurso

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia en coordinación coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, levará mañá mércores, día 9, ata a cidade de Lugo a campaña Máis claro auga, coa que se fai fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga. O obxectivo primordial desta iniciativa […]
Ler máis

Conde: “Rozas convértese no núcleo, no corazón do proxecto aeronáutico para Galicia”

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe o impacto que o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), como núcleo do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, terá na economía e o emprego de Lugo. Conde acompañou hoxe nunha visita ás instalacións de Rozas ás empresas que están a participar […]
Ler máis

A conselleira de Medio Ambiente chama a un consumo responsable da auga

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, chama a facer un consumo responsable da auga e a avanzar na adecuación das instalacións hidráulicas. A responsable de Medio Ambiente visitou esta mañá o Concello de Taboada, onde mantivo unha reunión co rexedor municipal, Ramiro Moure, ao que lle avanzou que o próximo luns, […]
Ler máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies