spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoCastelao será o homenaxeado o 1 de abril 'Día dás Artes Galegas'

Castelao será o homenaxeado o 1 de abril ‘Día dás Artes Galegas’

castelao-sera-o-homenaxeado-o-1-de-abril-dia-das-artes-galegasA Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o pasado 27 de xuño Sesión Ordinaria na súa sede da Coruña, na que decidiu, por aclamación, o nome da personalidade que será homenaxeada en 2016 no Día dás Artes Galegas: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. (Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950).

A proposta foi subscrita polos Membros Numerarios da Real Academia Galega de Belas Artes Dª. María Vitoria Carballo-Calero Ramos; D. José Carlos Valle Pérez; D. Felipe-Senén López Gómez; D. Celestino García Braña; D. Xosé Manuel Casabella López; D. Angel Luis Hueso Montón; D. Acisclo Manzano Freire; D. Xurxo Lobato Sánchez; D. José Ramón Soraluce Blond; D. Ramón Yzquierdo Perrín; D. Rogelio Groba Groba; D. Maximino Zumalave Caneda; D. Ramón Castromil Ventureira; D. Miguel Fernández-Cid Enríquez; D. Fernando Acuña Castroviejo; D. Antonio Rodríguez Colmenero; e pola Federación Galiza Cultura, o Club de Prensa de Ferrol e o Concello de Pontevedra.

A iniciativa desta celebración na xornada de cada 1 de abril, naceu da RAGBA no pasado ano, celebrando ao Mestre Mateo, quen con esa data dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos.

Motivo neste caso para a profundar e difundir a figura de CASTELAO, tanto como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor. Ademais, xustifica esta decisión en base ao esforzo teórico e achegas creativas de Castelao para a dignificación de Galicia e as súas formas de expresión a través da súa obra, como do Seminario de Estudos Galegos, do grupo Nós, mesmo como exiliado e alí onde estivo.

Con tal motivo o Museo de Pontevedra abre durante toda esta primavera e verán unha gran exposición profundando en todas as facianas do CASTELAO ARTISTA, no seu afán por sensibilizar en canto supón Galicia e o seu tempo, unha vez que tamén se cumpre un século da súa chegada a Pontevedra.

CELEBRACIÓNS PARA O DÍA 1 E 2 DE ABRIL 2016, EN PONTEVEDRA E RIANXO

Programa:

VIENRES 1 DE ABRIL: CASTELAO ARTISTA NO MUSEO DE PONTEVEDRA
19:00 horas: Acto de presentación do “Día das Artes Galegas 2016” dedicado a Alfonso Rodríguez Castelao.
Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición “Castelao Artista”

SÁBADO 2 DE ABRIL: CONFERENCIA DE MIGUELANXO PRADO EN RIANXO

12:30 horas: Acto solemne, público
Teatro do Auditorio Municipal de Rianxo

Conferencia de Miguelanxo Prado Plana sobre “Castelao Artista”.

A Real Academia Galega de Belas Artes fai unha chamada a todos os creadores e especialmente a colectivos do ensino e culturais en que retomen e difundan a obra de Castelao coa consecuente significación no seu contexto, así como a súa achega á Historia da arte e da Cultura.

- Publicidade -spot_img