spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición "Biblias da...

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición “Biblias da Reforma”

casa-galega-da-cultura-vigo-acolle-exposicion-biblias-da-reformaCon motivo da celebración dos 500 anos da Reforma Protestante a Asociación Cultural Evanxélica Kalos presenta esta exposición de biblias que se editaron para lle achegar ao lector moito máis que un libro.

A Biblia traducida ás linguas “vulgares”, significou achegarlles ás persoas a oportunidade de ler no seu idioma este libro que ten a forza irresistible para transformar persoas e sociedades.

Tendo como base o texto bíblico e a súa influencia, ninguén pode dubidar que a Reforma impulsou a educación para todo o pobo, e que puidesen ter acceso a ler persoalmente as Escrituras. Ao mesmo tempo, estableceu o principio de “a libre interpretación” do texto bíblico, que ata ese momento estaba prohibido, e reservado só a unha elite relixiosa e aristocrática que podían ler sobre todo o latín, tamén o grego e o hebreo.

Coa Reforma, atrás queda o Renacemento, e abre paso á Ilustración e o Enciclopedismo achegándonos á Modernidade e unha nova maneira de entender o mundo e o papel da persoa.

A exposición permanecerá aberta ao público até o sábado 11 de novembro.casa-galega-da-cultura-vigo-acolle-exposicion-biblias-da-reforma

 

- Publicidade -spot_img