Carmela Silva pide á sociedade que tome as rendas da loita contra as violencias machistas

carmela-silva-pide-sociedade-tome-as-rendas-da-loita-as-violencias-machistasA presidenta da Deputación e o alcalde de Vigo asisten á “Última Cea”, a performance de Violencia Zero que encheu este 25N a rúa do Príncipe. Estamos fartas da tanta dor, de tanta crueldade, de tanto dano que se infrinxe ás mulleres polo feito de ser mulleres”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de deputadas e deputados do goberno provincial, e representantes de concellos da provincia, presidiu esta tarde, na rúa do Príncipe fronte ao Marco, o acto central do Día Internacional contra as Violencias Machistas. A acción do programa “Violencia Zero” estivo protagonizada pola artista cordobesa Verónica Ruth Frías e na súaperformance “A última cea“, que non pasou inadvertida para ninguén, participaron ata 12 artistas galegas: Susana González,  Nadia Ruiz, Vanesa Álvarez, MarisaCodón, Isabel Patiño, María Meijide, Basilisa Fiestras, Iria Bragado, Araceli González, Blanca González, Celia Gradín e Celia Montero.Susana González,  Nadia Ruiz, Vanesa Álvarez, MarisaCodón, Isabel Patiño, María Meijide, Basilisa Fiestras, Iria Bragado, Araceli González, Blanca González, Celia Gradín e Celia Montero.

A actividade artística, marcada pola cor vermella da vestimenta de todas as mulleres, tamén a de Carmela Silva e as deputadas, toma prestada a escenografía do famoso fresco da “A última cea” elaborado por Leonardo da Vinci para a Capela de Santa María delleGrazie en Milán. Para a súa acción, Frías substitúe as figuras masculinas por femininas, por “apóstolas” e mulleres que simbolizan as diferentes manifestacións artísticas e culturais da cidade, algunhas delas tamén nais, o que supón outro punto de inflexión na iconografía. “A última cea” comezou cunha escena estática, mulleres inmóbiles, impasibles e expectantes ata o momento no que as súas fillas entraron en escena dando paso ao movemento e desorde, rompendo o silencio e a paz.  O obxectivo da artista cordobesa con esta performance era promover a reflexión sobre os roles da muller na sociedade actual, reafirmando a súa posición nun mundo de homes.

Na súa intervención, Carmela Silva deu lectura a un manifesto no que, baixo titulo “Estamos fartas”, lembrou os datos arrepiantes das 51 mulleres e 8 nenos e nenas asasinadas no que vai de ano e “as formas terribles que empregaron os seus asasinos para matalas”. A presidenta provincial volveu a reivindicar un compromiso real para que a violencia machista sexa unha cuestión de estado. “Estamos fartas de declaracións, de carteis, de fotografíasque non van acompañadas de medidas, de accións, de compromisos orzamentarios. De que cada ano ducias de mulleres sexan asasinadas e que non se considere como un dos grandes problemas da nosa sociedade. ¿Que máis ten que pasar, preguntou Silva, para que este tema sexa tratado como corresponde?. Estamos fartas da tanta dor, de tanta crueldade, de tanto dano que se infrinxe ás mulleres polo feito de ser mulleres”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “terrorismo o acto criminal da violencia machista” e lembrou que a xente máis nova quere e berra por unha civilización mellor. Caballero insistiu en que “os que gobernamos debemos unirnos contra unha violencia que se basea na covardía e, sobre todo, na desigualdade“. “Este debe ser o noso clamor os 365 días do ano, dixo o alcalde vigués. A loita contra a violencia machista iniciase na igualdade. Somos iguais, homes e mulleres, e debemos pelexar por iso cada día”

A terceira edición de “Mulleres en acción: Violencia Zero“ comprenderá un total de 25 accións artísticas ao longo dun ano en 25 concellos da provincia que abranguen modalidades como a poesía, o graffiti, a danza contemporánea, a acción escénica ou a performance a cargo de 25 mulleres artistas de grande relevancia no panorama galego e estatal.

O obxectivo da Deputación de Pontevedra co programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” é espallar a loita contra as violencias machistas máis alá dun día e estender este compromiso ao longo de todo un ano. Para acadalo, a institución provincial a través de “Mulleres en acción: Violencia Zero” quere visibilizar esta problemática social mediante accións artísticas protagonizadas por mulleres, empoderándoas no eido cultural e artístico. Amais, e co obxectivo de concienciar a toda a sociedade pontevedresa sobre a lacra social das violencias machistas, as accións realizaranse en contacto directo coa cidadanía ben en centros escolares, prazas, rúas ou lugares de tránsito, ben da man de asociacións de mulleres, de corporacións municipais ou de colectivos sociais, culturais ou doutra índole.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies