spot_img
InicioVal MiñorBaionaCarmela Silva participa en Baiona no Acto Inaugural da "Xornada Local sobre...

Carmela Silva participa en Baiona no Acto Inaugural da “Xornada Local sobre Violencia de Xénero”

carmela-silva-participa-en-baiona-no-acto-inaugural-da-xornada-local-sobre-violencia-de-xenero

A presidenta da Deputación, participou no Parador de Baiona á apertura dunha Xornada Local contra a Violencia de Xénero organizada porlo Concello de Baiona en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM). Estivo acompañada polo alcalde, Angel Rodal e a concelleira de Benestar Social, Carme Parada.

Profesionais dos ámbitos sanitario, xurídico e social asistiron onte pola tarde no Parador de Baiona aos relatorios da Xornada sobre Violencia de Xénero organizada polo Concello de Baiona a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) con motivo da conmemoración, hoxe, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Na súa intervención, Silva apostou porque os cidadáns sexamos activos na loita pola igualdade e contra esta secuela os 365 días ao ano” e avogou por “crear unha rede cos instrumentos necesarios para que as vítimas poidan saír e reconstruír a súa vida”.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou pola súa banda, o traballo desenvolvido que vén realizando nesta localidade desde hai anos. Tamén lembrou que o pasado xaneiro obtivo o Premio ás Boas Prácticas das entidades locais contra a violencia de xénero “grazas ao traballo na preveción, sensibilización e atención” desenvolvido polo CIM, que este ano atendeu 129 consultas de vítimas.

As consultas foron tanto no ámbito xurídico, orientación de emprego e atención psicolóxica. Ademais da atención psicolóxica e xurídica e no ámbito do emprego, dende o CIM, xestiónanse as distintas axudas publicas as que poidan ter dereito as mulleres vítimas e realízanse os trámites necesarios para procurar a inserción laboral e social así como as derivacións aos distintos organismos que sexan necesarios para dar unha resposta integral a situación de violencia.

Posteriormente y antes de la intervención de los ponentes se guardó un minuto de silencio por la mujer asesinada ayermismo por su pareja, ayer en Fuenlabrada.

 

- Publicidade -spot_img