spot_img
InicioBaixo MiñoO capitán de Corveta Ignacio Tobarra García asume o mando da Comandancia...

O capitán de Corveta Ignacio Tobarra García asume o mando da Comandancia Naval do Miño

capitan-corveta-ignacio-tobarra-garcia-asume-mando-da-comandancia-naval-do-mino
Fernando Álvarez, Enrique García, Ana Otiz, Carmela Silva, Enrique Cavaleiro e Ignacio Tobarra

Tras dous anos ao fronte da Comandancia Naval del Miño o capitán de corveta Enrique García González entregou  hoxe o mando ao tamén capitán de corveta José Ignacio Tobarra.

Durante unha cerimonia celebrada nas dependencias da Comandancia en Tui, Ignacio Tobarra García asumiu o mando da Comandancia Naval do Miño e da presidencia española da Comisión Permanente Internacional do Río Miño de mans do tamén capitán de corveta Enrique García González, quen estubo á fronte da Comandancia, os últimos dous anos.

O acto que contou coa presenza de máis de 100 invitados, entre os que se atopaban representantes de todas as institucións, tanto civís como militares, fué presidido polo capitán de Navío, Fernando Álvarez Blanco e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. (Na fotografía, tamén xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz).

Ignacio Tobarra García naceu en Salamanca en 1974. É Capitán de Corveta desde 2013, diplomado en Estado Maior das Forzas Armadas e posúe a Especialidade de Piloto Aeronaval da Armada. Ademais é Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, ten un master en Xestión de Persoal e un master en Política de Defensa e Seguridade Internacional, pola UCM.

Casado e con dous fillos, presentes xunto a súa esposa e familiares, aos que dedicou parte da súa intervención, establecerá a súa residencia en Tui.

Pola súa banda, o capitán de corveta Enrique García, valorou de manera moi positiva os dous anos ao fronte da Comandancia Naval del Miño e solicitou que se recibise ao seu sucesor igual de ben que a el.

 

 

- Publicidade -spot_img