O Camiño Portugués da Costa, presente na reunión entre Feijóo e Rodal

camino-portugues-da-costa-presente-na-reunion-feijoo-e-rodalO Camiño Portugués da Costa foi un dos temas analizados na reunión que mantiveron este mércores en Santiago o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, coa finalidade de analizar e deseñar os novos proxectos para a Vila, así como para pasar revista ás últimas inversións do goberno autonómico no municipio.

O máximo mandatario galego recibiu ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Urbanismo, Ana Simons, en San  Caetano despois de que o rexedor solicitara o pasado mes unha xuntanza na que poder presentar diferentes iniciativas a desenvolver na Vila de forma inmediata.

O Camiño Portugués da Costa foi un dos temas analizados polo míudo nunha reunión na que foron presentados os últimos datos que reflicten a espectacular evolución do número de peregrinos que elixiu a ruta xacobea por Baiona tras a súa declaración oficial hai agora un ano.

“As cifras dos últimos doce meses son espectaculares e amosan un importante incremento de visitas á Vila a través do Camiño da Costa, polo que o presidente mostrouse moi interesado en potenciar iniciativas para promover a afluencia de peregrinos”, explicou Rodal.

A mellora da ruta xacobea ao seu paso por Baiona, así como o incremento de servizos a disposición dos camiñantes e as necesidades da Vila para poder ofrecer aos seus visitantes, foron algunhas das propostas que o presidente da Xunta coñeceu de primeira man.

Durante o encontro, Alberto Núñez Feijóo tamén interesouse polos excelentes datos rexistrados en Baiona durante esta temporada estival, cun importante incremento de visitas e unha das ocupacións hoteleiras máis importante dos últimos anos.

Ademais, o alcalde e a concelleira de Urbanismo repasaron xunto ao presidente outras inversións que o goberno autonómico está a levar a cabo na Vila, como a reforma do principal acceso por estrada ou as melloras no servizo de abastecemento.

O presidenta da Xunta tamén aproveitou a xuntanza para desexar sorte na súa nova etapa a edil Ana Simons, que este xoves deixará o cargo polo seu cambio de residencia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies