spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCaballero califica a Festa da Reconquista como a "romaría urbana" de Vigo

Caballero califica a Festa da Reconquista como a “romaría urbana” de Vigo

caballero-califica-a-festa-da-reconquista-como-a-romaria-urbana-de-vigoO alcalde de Vigo cualificou a Festa da Reconquista, que vaise celebrar os vindeiros 7 e 8 de abril, como a “romaría urbana” da cidade. Esta edición da festa do Casco Vello contará este ano con novidades como eventos deportivos -partidos de rugby e fútbol gaélico- e cinco espazos diferentes para as actuacións

A Festa da Reconquista da Vila de Vigo encherá de novo as rúas do Casco Vello os vindeiros 7 e 8 de abril. O alcalde, Abel Caballero, presentou este luns xunto ao coordinador da Asociación de Veciños do Casco Vello, Fix Axeitos, o programa de actividades culturais e deportivas do evento.

“É unha festa que ten un carácter fundamental na cidade, é unha romaría urbana na que todos nos congregamos para pasear, escoitar música, vernos e sentirnos xuntos, e recordar a Reconquista”, destacou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios.

Durante todo o fin de semana estará aberto o Mercado e haberá máis de 30 actuacións de grupos de música tradicional por todas as rúas e prazas do Casco Vello, ademais de obradoiros, demostracións, concertos, charlas, contacontos e exposicións.

A iniciativa Barrio Actuacións concentrará as actividades en cinco zonas: Torreiro do Casco Vello, Torreiro do Berbés, Torreiro Novo, Torreiro Infantil e Torreiro Mahou. Outra das novidades desta edición será a celebración dun Campionato Internacional de Rugby Veterano e un Campionato Internacional de Fútbol Gaélico, as dous a celebrar o sábado 7 de abril.

Ademais, desde o 22 de marzo ata o 15 de abril está aberta na Casa Galega da Cultura a exposición “Tecendo a nosa Historia”, na que se mostra a elaboración de tecidos tradicionais, a través dos utensilios que se usaban para facer o lino.

Festa de Interese Turístico Nacional
Tanto Abel Caballero como Fiz Axeitos destacaron que a solicitude de Interese Turístico Nacional segue o seu curso e nesta edición cumprirán coas impresións en prensa nacional e internacional necesarias.

- Publicidade -spot_img