spot_img
InicioVal MiñorNigránC.B. Nigrán e Federación Galega de Baloncesto en colaboración coa AECC, organizan...

C.B. Nigrán e Federación Galega de Baloncesto en colaboración coa AECC, organizan a III edición do Torneo Basket sen Barreiras

c-b-nigran-e-federacion-galega-de-baloncesto-en-colaboracion-coa-aecc-organizan-a-iii-edicion-do-torneo-basket-sen-barreiras

O Club Baloncesto Nigrán prepara a III edición do seu torneo Basket sen Barreiras no que participarán clubs de toda Galicia, entre eles o Obradoiro de Santiago ou o Pavillón Ourense.

O Club Baloncesto Nigrán e a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Asociación Española contra o cancro (AECC), organizan a terceira edición do Torneo Basket Sen Barreiras os días 10 e 11 de Abril no pavillón do colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para a investigación contra o cancro.

Aínda que a data tope de inscrición de equipos é o 31 de Marzo, xa unha semana antes superouse o numero de particpates con respecto á edición anterior, coa confirmación a dia de hoxe de máis de 20 equipos entre os que se atopan as categorías basee do Obradoiro de Santiago , o Pavillón de Ourense, Porriño Baloncesto Basee, Seis do Nadal ou Defensores do Morrazo entre outros.

O torneo desenvolverase ambos os días en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá servirán especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade . Para iso contarán co Club AMFIV, o centro Juan María, a asociación ALENTO de dano cerebral e COGAMI que disputarán diferentes partidos cos xogadores e xogadoras do as diferentes categorías do CB Nigrán.

Para as xornadas de tarde habilitaranse 3 pistas onde xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías alevín, benjamín e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría alevin pechando o torneo o martes de tarde.

Cada xogador/a participante realizará un donativo para a loita contra o cancro que será depositado na urna cedida pola Asociación Española contra o cancro e que se atopará no pavillón durante os dous dias de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes ao torneo poden colaborar con este fin solidario achegando o seu donativo tamén na devandita urna.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes que consistirán en material deportivo cedido pola Federación Galega de baloncesto e outros cedidos por empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán .

Todo o recadado coa venda das rifas para estes sorteos así como o recadado na urna solidaria será entregado unha vez finalizado o Torneo á Asociación Española contra o cancro para a loita e investigación contra esta enfermidade .

c-b-nigran-e-federacion-galega-de-baloncesto-en-colaboracion-coa-aecc-organizan-a-iii-edicion-do-torneo-basket-sen-barreiras
Foto arquivo: II Torneo Basket sen Barreiras (2016)
- Publicidade -spot_img