Baiona rende tributo a Remigio Nieto, director da súa primeira Biblioteca Municipal

baiona-rende-tributo-remigio-nieto-director-da-sua-primeira-biblioteca-municipalO Concello de Baiona homenaxeou este venres ao mestre nacional Remigio Nieto coa entrega a súa familia do Lazo de Honra, concedido pola Comisión de Honras e Distincións, nun emotivo acto celebrado no Salón de Plenos.

O que fora director da primeira Biblioteca Municipal de Baiona no puido acudir por cuestións de saúde e os seus familiares encargáronse de recoller o galardón. O Salón de Plenos de Baiona acolleu un acto no que participaron os cuñados do mestre e parte da súa familia, así como o alcalde, Ángel Rodal, membros da Corporación Municipal e os exrexedores Jesús Vázquez Almuiña, actual conselleiro de Sanidade, Manuel Vilar e Carlos de la Peña.

“Dedicou grande parte da súa vida enriquecer a cultura dos baioneses, fundou a academia na que estudaron moitos dos nosos veciños e converteu a nosa primeira biblioteca nunha referencia en toda a provincia”, afirmou Ángel Rodal.

Pola súa banda, Pablo Leyenda, en nome da familia de Remigio Nieto e do propio homenaxeado, desculpou a ausencia e asegurou que “lle gustaría moito estar aquí, pero foi imposible”. Leyenda agradeceu a toda Baiona e á Corporación Municipal o galardón recibido.

Remigio Nieto

Remigio Neto naceu en Salvatierra de Miño en 1936,  mestre  nacional e licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid, ofrece unha dobre vertente, a docente e a artística. Durante o período 1960-73 desenvolveu un importante labor educativo en Baiona, onde fundou un centro de cultura xeral e dirixiu a Biblioteca Municipal, que baixo a súa tutela converteuse nun foco de irradiación de manifestacións culturais diversas: cursos, conferencias, publicacións, exposicións. Especial significado tivo a mostra bibliográfica, documental e artística sobre Baiona celebrada en 1973, como reflexo da cal publica a súa primeira obra, “Contribución a unha bibliografía de Baiona A Real” (Vigo, 1973).  Por todo iso foille concedido o premio do Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas.

Colabora no Faro de Vigo e no Ideal Galego, con artigos de carácter histórico, en 1980 publica “Guía monumental ilustrada de Pontevedra”, obra que xunto a outros traballos fai que se lle outorgue o premio Cidade de Pontevedra.

Remigio Neto levou a cabo tamén un labor didáctico no campo artístico, mediante cursos de Expresión Plástica en colexios nacionais e no taller da Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra, pertence á International Society for Education Through Art e foi un dos promotores de Fomento da Expresión Plástica e Artística. Como artista aínda que discípulo de Pintos Fonseca, é un autodidacta, cultiva a pintura e o debuxo, participando en varias exposicións individuais (A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo) e en certames colectivos como a IV e V Bienal Nacional de Arte da Deputación e Pontevedra e a Exposición de Artistas Pontevedreses da Delegación de Cultura.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies