spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona recibe o galardón que o acredita como un dos 100 destinos...

Baiona recibe o galardón que o acredita como un dos 100 destinos turísticos máis sustentables do mundo

Baiona recibe o galardón que o acredita como un dos 100 destinos turísticos máis sustentables do mundo
A noticia coñeceuse o pasado mes de setembro cando a plataforma ambiental “Green Destinations” incluíu a Baiona entre os 100 destinos máis sustentables do mundo. Tras recoller este certificado durante a convención anual de Green Destinations que se celebrou en setembro na cidade portuguesa de Cascais, a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro oficializou hoxe a entrega deste distintivo ao Concello de Baiona, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Baiona, Ángel Rodal, do Delegado Territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, e de varios concelleiros e no que agradeceu o “excelente traballo” levado a cabo e o seu compromiso co turismo de calidade que converte a este municipio “nun perfecto exemplo do que Galicia é e quere seguir sendo no camiño por un turismo responsable”, según explicou.
Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal afirmou que“Para nós é un orgullo recibir este galardón, procedente dunha entidade internacional, que non só avalía o traballo nos sectores crave do proxecto como é o turismo ou o medioambiente, senón tamén o realizado noutras áreas como seguridade, patrimonio, accesibilidade, protección urbanística,…”. Rodal tamén lembrou “que é un traballo que leva realizando o municipio desde hai moitos anos. Ademais, este organismo non só avalía as iniciativas públicas senón que tamén ten en conta as accións levadas a cabo por empresas privadas e valora a hospitalidade coa que os nosos veciños e veciñas reciben ao visitante. En resumo, este recoñecemento premia o esforzo de todo o municipio de Baiona”. Finalmente, nos confirmó que xa estan a traballar para ser un Destino Platino nos próximos dous anos, máximo galardón, que hoxe só teñeno as Illas Azores.
Os destinos participantes foron avaliados por un grupo de expertos internacionais en turismo, sustentabilidade e medio ambiente tendo en conta un conxunto de indicadores baseados en 15 criterios: coordinación da sustentabilidade, política turística do destino, protección da natureza, a protección da paisaxe, tratamento de residuos, reciclaxe, tratamento de augas residuais, conservación do patrimonio cultural, patrimonio intanxible, protección da xente, participación cidadá, promoción de produtos locais, accesibilidade, prevención da saúde e seguridade.
En canto aos aspectos positivos que se valoraron en Baiona destacan os seguintes:
* A creación do espazo mariño protexido das Rías Baixas, que dota dunha figura de protección ambiental ás augas que rodean Baiona.
* A recuperación de praias e dunas que se comezou polas de Ladeira.
* O modelo de xestión da auga potable a través de Wiz e a súa continuación en Saneplan para a xestión de augas residuais.
* Que o municipio conte con catro praias con Bandeira Azul, e que a totalidade das mesmas estean declaradas “praias sen fume” e conten co Distintivo de Compromiso de Calidade Turística “ SICTED”.
* A accesibilidade das praias e a escola de vela adaptada do Monte Real Club de Yates
* A protección do centro histórico de Baiona.
* O compromiso de Baiona co turismo de calidade, formalizado en INNOVATUR, e na implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos ( SICTED) desde 2004.
*Mellora do transporte público a través do billete único da área metropolitana.
*Participación de Baiona no plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra
*Seguridade xeral do destino e a posta en marcha da patrulla ambiental * Hospitalidade da poboación e coidado da cultura local.
ANTECEDENTES: Green Destinations, é unha organización sen ánimo de lucro cuxo sistema de certificación para destinos turísticos implicados en prácticas sustentables estendeuse en apenas tres anos polos cinco continentes. Participan no proxecto, representantes e embaixadores da organización, provenientes dos sectores público, privado, educativo e sen ánimo de lucro.
- Publicidade -spot_img