spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, presenta un amplo e variado programa deportivo para este verán

Baiona, presenta un amplo e variado programa deportivo para este verán

Campus deportivos Baiona 2016

A Concellería de Deportes destaca dunha maneira especial a oferta deportiva orientada aos campus deportivos, e é que, a política de fomento da práctica deportiva en xeral, co traballo de apoio do deporte federado en especial cos clubs deportivos locais, fan que cada día a oferta deportiva amplíese, o que posibilita a toda a poboación municipal que se beneficie do traballo anual ben desenvolvido.

A oferta deportiva dos Campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabaris, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRCYates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, Westsport Ladeira e Bahiña Fsala, Club de patín Baiona, Club Atletismo Baiona, AD Avanza e Club de Ximnasia Rítmica Ronsel) e destaca dentro da oferta deste verán 2016 a incorporación de campus deportivos tan novos como o de atletismo, tríatlon e o Campus de Deportes Náuticos que se amplía con 4 quendas (mañá e tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar ; vela lixeira (MRCYates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e Pádel Surf (Wesport Ladeira) como principal novidade destes 14 Campus que se poderán realizar o presente verán con sete disciplinas no mes de xullo (Tenis, ciclismo, Deportes de Combate, deportes Náuticos, F-sala, Tríatlon e Multideporte) e outros sete no mes de agosto (Futbol, Baloncesto, Ximnasia Rítmica, Deportes Náuticos, Actividades de Patín, Atletismo e Danza).

Desde a Concellería de deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva, salvando está claro as diferentes modalidades deportivas que se poderán realizar o presente verán; Futbol, Baloncesto, Ciclismo, Deportes Olímpicos de Combate, Tenis, Actividades de patín, Ximnasia Rítmica, Multideporte, ver lixeira, windsurf, piragüismo, pádel surf, Danza, atletismo, Tríatlon e Futbol sala. Como medida desta proposta conxunta elaborouse un deseño de cartelería común para ofrecer a máxima comodidade aos nosos usuarios e facer manexable tanta información.

Concellería de Deportes
T: 986.356.558 F: 986.358.078
deportes@baina.org

O distintos catorce campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h ata as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos. A excepción do campus Náutico en xornada de tarde que terá un horario especial.

Contarán coa presenza de deportistas, técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas que desde unha óptica divertida transmitirán aos presentes as súas experiencias e realizan xogos e tarefas cos distintos alumnos.

A todos aqueles interesados en participar, a organización dos campus estableceu un prezo de 200 € por 5 campus ou de 300 € para todos os campus dos meses de xullo e agosto, o que posibilita realizar actividades deportivas durante dez semanas a un prezo moi alcanzable, de todas as maneiras tamén se poderá realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira (consultar prezos por campus individualmente ou tarifas por irmáns).

Ademais, en todos os Campus deportivos os asistentes recibirán un equipamento deportivo así como un tenche en pé a media mañá para repoñer forzas.

- Publicidade -spot_img