spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta a III edición do programa divulgativo A Mar de Historias

Baiona presenta a III edición do programa divulgativo A Mar de Historias

baiona-presenta-iii-edicion-do-programa-divulgativo-mar-historiasA Concellería do Concello de Baiona presenta a III edición do programa divulgativo A Mar de Historias
Preténdese un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arte, arqueoloxía, historia, fotografía e toda obra cultural relevante para a Vila, susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio da mesma.
Estas conferencias divulgativas celébranse no auditorio da Casa da Navegación, en horario de 20,00 a 21,00 horas. Entrada libre ata completar aforamento.
O 26 de xaneiro o investigador Suso Vila, doutor en Historia, autor de diversos libros sobre a poboación xudía de Tui na Idade Media, expoñera os últimos resultados do seu traballo no que seguindo a pegada desta comunidade establécese a relación con Baiona como vila e porto onde organizan a súa saída. Un tema de gran interese para Baiona que lembremos, tivo comunidade xudía pola mesma época pero da que aínda seguimos dispoñendo de escasa información.
O 16 de febreiro, Vicente Caramés Moreira, arqueólogo e actual director do Museo do Mar de Galicia, contará o seu traballo no control arqueolóxico das obras de construción do parking da Palma en Baiona, con toda a problemática relacionada, así como os resultados do estudo posterior de materiais e información recuperada no transcurso dos mesmos, o que permitiu a localización de interesantes materiais de importación chegados polo comercio marítimo.
- Publicidade -spot_img