Baiona presenta a XXII Festa da Arribada no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

baiona-presenta-a-xxii-festa-da-arribada-no-museo-das-peregrinacions-de-santiago-de-compostela

A XXII Festa da Arribada desembarcou este martes no casco histórico de Santiago de Compostela para convidar a toda Galicia a participar do 3 ao 5 de marzo no “momento máxico” da chegada da carabela “La Pinta” a Baiona en 1493 e o anuncio do Descubrimento do Novo Mundo.

Os soportais do Museo das Peregrinacións, na praza das Praterías compostelá, acolleu a presentación da Festa de Interese Turístico Internacional por parte do Concello de Baiona nun acto culminado cunha representación teatral e unha degustación de produtos típicos da celebración.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, invitou a todos os presentes e a todos os galegos a trasladarse a Baiona para “vivir un soño que esperta emocións e estimula os sentidos, a maxia dunha vila que regresa ao Medievo e que non perdeu as súas raíces e segue sendo unha vila mariñeira”.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou que a Festa da Arribada en unha das celebracións “máis singulares” e explicou que “axuda a situarnos como destino”. Castro destacou o traballo de Baiona na procura da “máxima calidade do seu turismo” e tamén invitou a acudir a festa para “revivir un acontecemento espectacular”.

“Desde Turismo de Galicia somos conscientes de que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio autonómico, son un recurso a manter e potenciar. A súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística e engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais”, explicou Nava Castro.

Ao acto tamén acudiron o secretario xeral del Cultura, Anxo Lorenzo; o conselleiro de Sanidade e exalcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o presidente dos comerciantes e empresarios de Baiona (Aceba), Marcos Comesaña, e a concelleira de Cultura, María Iglesias.

Vázquez Almuiña destacou o logro da Arribada pese aos “poucos anos que leva, que se vexa coma algo propio por parte dos veciños e tamén que, todo aquel que a visita volve sempre. Síntome orgulloso coma baionés e creo que tamén debe ser un sentimento de orgullo para os baioneses e para o resto dos galegos”.

Como remate á presentación e despois do visionado do spot oficial da Arribada, o grupo “Non si teatro?” escenificou nos soportais o anuncio da chegada da carabela “La Pinta” á praia da Ribeira. O colofón foi unha degustación de Ñoclos de Pinzón e Tarta de Sarmiento, doces típicos da celebración.

Tags:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies