spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona prepara a súa VI Gala do Deporte

Baiona prepara a súa VI Gala do Deporte

baiona-prepara-a-sua-vi-gala-do-deporte

O Concello de Baiona informa da posta en marcha dunha nova edición da Gala do Deporte 2016.

O cronograma da VI gala do Deporte de Baiona 2016 organizarase da seguinte maneira;

1. Decembro 2016, convocatoria e toma de contacto con colectivos participantes para informarlles sobre a gala do deporte 2016. Envío de cartas e email informativos sobre as bases da VI Gala do Deporte.

2. Ata o 30 de Decembro do 2016, recepción de candidatos propostos polos diferentes colectivos participantes nas votacións e socios das escolas deportivas municipais curso 2016-17.

3. Ata o 15 de xaneiro período de votación da listas de candidatos propostos polas entidades e deportistas que queiran optar aos premios das gala 2016.

4. Xaneiro 2016, a partir do día 16 reunión do comité da V Gala do Deporte de Baiona; publicación dos finalistas dos votos emitidos e remitidos ao Concello de Baiona. Publicación dos 3 finalistas de cada categoría.

5. 28 Xaneiro, VI Gala do Deporte de Baiona, Auditorio V Centenario ás 19.00 h resolución e vencedores de cada categoría.

Nestes momentos o Concello está inmerso no período de recepción de candidatos en todas as categorías a premiar, sendo leste o motivo polo que se pedi a todos os veciños de Baiona e interesados en presentar candidatos que o fagan e deixen no pavillón municipal a súa relación de candidatos, pódese facer fisicamente no propio pavillón, a través de envío postal ou email á dirección deportes@baiona.org

- Publicidade -spot_img