spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, praias libres de fume. Saúde ambiental

Baiona, praias libres de fume. Saúde ambiental

Playas sin humoCONCHEIRAO municipio de Baiona conta cun valor natural: As súas praias; e cun sentido de responsabilidade sobre o coidado da saúde dos cidadáns e do Medio Ambiente. Con esta perspectiva o Goberno Local decidiu no verán do ano 2012 iniciar o proxecto de “Praias sen fume”, xestión que se continuou na actualidade e que demostrou, segundo os datos que manexan, ser unha ferramenta eficaz para o desenvolvemento sustentable do medio ambiente e sobre todo potenciar prácticas saudables entre os cidadáns.

Dende o Concello nos comunican que , como entidade local son coñecedores do papel que representan no desenvolvemento sustentable do contorno física e social. É por iso que nace este compromiso de promover os espazos 100 % libres de fume e de garantir ás persoas o dereito a respirar un medio ambiente san, a desenvolver unha serie de estratexias adecuadas ao sistema de xestión ambiental, manter a diversidade biolóxica, a saúde pública, a calidade do aire, da auga de mar, o chan, a flora e a fauna, coa que contamos no noso litoral, asegurando un ecosistema atractivo que poida ser gozado por calquera persoa.

Praias que abarca o proxecto

Hai que destacar que Baiona é un dos máis importantes centros turísticos de España e que as súas praias son un dos seus principais potenciais á hora de escollela para gozar da época estival. Porque as baña o Atlántico salvaxe e convérteas nun lugar ideal para desconectar do bulicio.

Coincidindo co Día Mundial sen Tabaco, o 31 de Maio do 2012 púxose en marcha unha campaña para concienciar dáse comezo ao proxecto elixindo nun primeiro lugar levar a cabo o mesmo nas praias de Ribeira e Vos Frades, por contar estes areais con bandeira azul e ser frecuentados por moitos veraneantes e familias con nenos.

Praia da Ribeira:
RibeiraEsta praia atópase ao comezo do paseo marítimo de Baiona, aos pés das murallas da fortaleza de Monterreal e fronte ao porto deportivo e o club de iates. É unha praia totalmente urbana, que por situación está bastante resgardada do vento e ten unha ondada moderada. A area é fina e de cor dourada e pola súa limpeza conta co distintivo de Bandeira Azul.

Praia de Frades:
Os FradesSituada ás saias do Monte Boi, e nunha paraxe incomparable atópase esta pequena praia duns 80 metros de lonxitude. A súa area é de gran máis groso, rodeada de rocas e cunha auga trasparente.

Praia Barbeira:
BarbeiraPraia duns 400 metros de lonxitude, atópase nas saias do Monte Boi. Está moi protexida da ondada do mar grazas a un espigón e un porto deportivo. Conta con todo tipo de servizos ao visitante. A súa area é dourada e de grano medio

Praia Concheira:
Playas sin humoCONCHEIRaA lonxitude da praia é duns 400 metros e a súa area está composta por pedazos de cunchas que a converten nunha praia única no sur de Galicia. As súas augas son limpas e cristalinas, orientada cara a poñente recibe o choque de ondas. No ano 2014 decidiuse incluír á praia da concheira, desta maneira, toda a península de Monte Boi é un espazo libre de fume.

Esta iniciativa ten como finalidade o cumprir un dobre obxectivo:

O TABACO E A SAÚDE

Dende o Concello queren compartir con veciños e visitantes as recomendacións da OMS en materia de tabaco. “Unha boa saúde comeza por uns hábitos sans, polo que en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) asumimos o compromiso de contribuír á loita mundial contra o consumo de tabaco”

O TABACO E O MEDIO AMBIENTE

O outro obxectivo busca evitar a presenza de cabichas na praia e o coidado dos espazos naturais, xa que as cabichas dos cigarros son un residuo moi contaminante, pois están feitas de monoacetato, un material derivado do petróleo que non é biodegradable e tarde 15 anos en descomporse.

Cada cabicha enterrada na area chega a contaminar até 25 litros de auga coas graves consecuencias que iso ten para a fauna e flora dos nosos litorais e para os nenos menores de idade que llas atopan na area, así como para unha maior hixiene.

SISTEMA DE FUNCIONAMENTO E DEPARTAMENTOS INVOLUCRADOS
Nas “praias sen fume” instaláronse uns carteis identificativos que indican que son lugares libres de tabaco e explican os obxectivos da campaña, ademais de ondear as bandeiras verdes, distintivo deseñado especialmente para estas praias.
Co fin de cumprir esta campaña e satisfacer as necesidades dos fumadores, e as persoas que desexen fumar fágano sen ningún tipo de prohibición habilitáronse espazos para iso coa colocación de cinceiros, en paseo Ribeira, paseo Monte Boi, asi como o chiringuito da praia Ribeira e a terraza adxacente.
Este proxecto conta co apoio do Patronato de Turismo Rías Baixas e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e involucráronse os Servizos de Medio Ambiente,
Policía local, ademais de Protección Civil, e Socorristas que reparten folletos informativos e facilitan información aos usuarios.
Resultados da enquisa e conclusións:

Estos son os datos da enquisa que realizou o Concello no mes de agosto con 5 preguntas a 70 persoas, usuarias do catro praias nas que se desenvolve a campaña Baiona, Praias sen fume.

*85% das persoas considera a medida boa ou moi boa e un 15% mala ou moi mala.
*75% ven unha mellora do areal con esta medida.
* 73% que habería que estendela ás outras praias.
*61% dos consultados considera que debería haber sanción para os que incumpren a norma, pero avisando previamente.
Conclúese tamén que debería darse máis información aos usuarios das praias.

As conclusions para o Concello son as seguintes:

Este proxecto en definitiva debe ser un punto de inicio e debe servir como achega ao desenvolvemento sustentable do municipio, facendo de Baiona unha cidade exemplar no coidado e protección do medio ambiente, e saúde pública promovendo unha cultura de mellora continua.

Baiona conta con 12.600 habitantes, chegando até os 50.000 habitantes en época estival. Por tanto os usuarios destas praias Playas sin humo1CONCHEIRA (Copiar)non só son os residentes do propio municipio, senón persoas que se atopan gozando das súas vacacións na nosa vila, por iso é o noso desexo é que todos eles gocen duns areais cunhas condicións de baño idóneas, sen cabichas na area, nin os fumes dos cigarros.
Todas as persoas deberían poder respirar aire sen fume. Por iso o fin desta campaña é educar aos usuarios das praias, buscar a concienciación social, ao mesmo tempo que se trata de cambiar os costumes dos fumadores.
Comprobouse que desde a implantación deste proxecto saudable a presenza das cabichas na praia diminuíu considerablemente, o que se traduce en areais máis limpos, podendo comprobar que esta medida non só foi ben acollida nas praias adheridas senón que nas demais a diferenza foi moi significativa.
Esta campaña seguirá sendo meramente informativa, en ningún caso trátase dunha medida sancionadora, nin recadatoria. Todo aquel que desexe fumar pode facelo nas inmediacións das praias, onde o concello instalou cinceiros.
Este proxecto en definitiva debe ser un punto de inicio e debe servir como achega ao desenvolvemento sustentable do municipio, facendo de Baiona unha cidade exemplar no coidado e protección do medio ambiente, e saúde pública promovendo unha cultura de mellora continua.

- Publicidade -spot_img