spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona ofrece para este verán 16 campus deportivos e un amplo programa...

Baiona ofrece para este verán 16 campus deportivos e un amplo programa de actividades

Esta mañá tivo lugar nos xardíns do Pavillón de Deportes, a rolda de prensa de presentación das Actividades e dos Campus Deportivos para este verán do Concello de Baiona, acto no que participaron o alcalde de Baiona, Angel Rodal, Begoña Abraldes, directora da oficina de Baiona de “La Caixa”, Igor da Heras, Xefe de Área de “La Caixa” a concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns Passos xunto con representantes dos clubs.

O Concello de Baiona a través da concellería de Deportes e Actividades Marítimas, presentou o calendario de actividades lúdico – deportivas que para o presente verán 2018, ten previsto desenvolver para veciños e visitantes. As actividades para desenvolver caracterízanse pola diversidade das mesmas, así como, de ofrecer alternativas de lecer e deporte para todas as idades e sexos. A oferta, ofrece alternativas de ocupación do tempo libre tanto de mañás como de tarde, para desta maneira axustarse aos horarios vacacionais e laborais dos interesados.

Para facer público este calendario de actividades, a Concellería de Deportes, preparou un folleto descritivo por días e meses de todas as alternativas de lecer que se ofrecen.

Disponse de información dos moitos e variados torneos deportivos que se desenvolven este verán: Fútbol sala, Pesca Deportiva Infantil, Fútbol, Baloncesto 3×3, Vóley praia 3×3, Pas Praia, Campus Multideportivos, Carreira pedestre, Regata de Gamelas e as novidades do programa con eventos populares como a Travesía a nado e Subida á Groba que esperamos sexan alicientes máis que suficientes para manter en forma aos nosos veciños e turistas.

O Xefe de Área de “La Caixa”,  Igor da Heras,  quixo subliñar que a“Obra Social seguirá apoiando a Baiona neste tipo de iniciativas, que engloban valores que son os que abandera a Obra Social La Caixa”

O alcalde de Baiona, Angel Rodal, agradeceu a cada un dos clubs “a súa implicación co proxecto xa que sen a súa colaboración non sería posible ofertar un calendario e uns campus tan numerosos e interesantes para practicar deporte durante o verán en Baiona”.

OFERTA DEPORTIVA DOS CAMPUS DEPORTIVOS DE VERÁN “LA CAIXA”

Este ano se ofertan un total de 16 modalidades en deportes tan dispares como; Baloncesto, Deportes olímpicos de combate (loita), Futbol, Multideporte, Ximnasia Rítmica, Bádminton, Tenis, futbol, Deportes Náuticos (vela lixeira, piragüismo, pádel surf, Windsurf), Fútbol –salga, Atletismo, Vóley praia, Danza, Patín, Triatlon e Ximnasia Rítmica o que garante actividade dirixida durante 11 semanas a un prezo moi competitivo, todo iso froito dos convenios de colaboración existentes a través da Concellería de Deportes de Baiona cos clubs deportivos locais e La Caixa.

CLUBS DEPORTIVOS PARTICIPANTES

Ao acto acudiron representantes de cada un dos clubs deportivos que deseñaron a oferta deportiva de forma conxunta coa Concellería de Deportes: Club Tenis Baiona, Club de Loita Sabarís, Galicia en Danza, Wetsports, Monte Real Club de Yates, Baíña Fútbol sala, Escola Runnig Baiona, Erizana C. F.Baiona, Club de Baloncesto Baiona, Club Ximnasia Rítmica As Ronseis,Club Piraguismo Baiona, Club Patinaxe Baiona, Club Bádminton Val Miñor, Club Ciclista Vigués.

Desde a Concellería de Deportes a recomendación é que no verán se apunten a unha actividade distanta da que veñen realizando ao longo de todo o ano

Para inscricións e maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes ou no teléfono de 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico deportes@baiona.org

- Publicidade -spot_img