spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, obras de mellora en cobertura de Praza de Abastos de Sabaris,...

Baiona, obras de mellora en cobertura de Praza de Abastos de Sabaris, edificio incluído dentro do PEPCHAB

incluído dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico ArtísticoO concello de Baiona disponse a realizar as obras de mellora na cubrición da cuberta da Praza de Abastos de Sabaris, edificio incluído dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico (PEPCHAB) catalogado con protección Ambiental, que por mor dos temporais ocorridos no inverno pasado viuse danado nalgunha dos seus partes.

Coa devandita actuación preténdese a recuperación dun inmoble con interese cultural e posta en valor de elementos estruturais característicos como as cerchas de formigón, inusuais constructivamente, debido a que con frecuencia se realizan de madeira ou metal, daba a lixeireza do material.

A intervención realízase sobre a zona en uso diariamente como mercado, que foi rehabilitado no ano 2011 con orzamento da deputación de Pontevedra, de aproximadamente uns 335 m2 construídos en planta, dos 1.262 m2 totais da parcela.

 incluído dentro do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico ArtísticoA obra consiste na impermeabilización e estanqueidad da cuberta da nave central e anexas, onde a mellora trátase de incluír un panel sándwich sobre as correas e cercha existentes e cubrilo con tézalas cerámicas actuais. Con respecto aos anexos, trátase de eliminar os ferros de fibrocemento (uralita) contribuíndo á mellora do medio ambiente.
O custo da obra ascende a 45.500 ?, cofinanciado entre o Concello e a concellería de Economia e Industria, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), sendo adxudicataria a empresa Cubertas de Lousa Galicia SLU.

Os traballos de reparación e mellora das instalacións finalizarán en 15 días, comezando o luns 29 de setembro. Por todo iso desde o Concello quérese agradecer a colaboración dos placeiros que desde o primeiro momento axudaron para a mobilidade á localización anterior durante a execución das obras e pídense desculpas a todos os usuarios polas molestias que se poidan causar para a execución das citadas obras.

 

- Publicidade -spot_img