spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, novamente elixida como un dos mellores destinos sustentables do mundo

Baiona, novamente elixida como un dos mellores destinos sustentables do mundo

img_8999-copiar

Baiona foi seleccionada entre mil candidatos para o premio QualityCoast Gold Award 2016. O municipio baionés e Noja eran os únicos casos de España que se presentaron, obtendo Baiona a categoría ouro e a localidade cántabra a de prata.

A costa de Baiona foi novamente elixida como un dos mellores destinos sustentables do mundo. Así se desprende do premio QualityCoast Gold Award 2016, que entre máis de 1.000 lugares candidatos seleccionou a costa da real vila, logrando a segunda cualificación máis alta, que se corresponde coa categoría de ouro.

O fallo do xurado fíxose público o pasado en e dá a coñecer a elección do programa QualityCoast, desenvolvido polo Coastal and Marine Union da Unión Europea. O obxectivo destes premios é fomentar o desenvolvemento sustentable en destinos costeiros na que os visitantes son informados e téntase establecer unha rede mundial de comunidades costeiras cos mesmos valores e prácticas de desenvolvemento sustentable.
Os criterios para elixir as cidades teñen en conta o ecosistema mariño, a súa conservación, actividades económicas, oferta turística, seguridade, patrimonio natural e cultural do destino, así como a beleza natural e a calidade ambiental.

No caso de Baiona logrou unha puntuación de 8 sobre 10 en catro das cinco categorías, polo que conseguiu chegar á categoría de ouro. Supéranse as puntuacións en todas as categorías, con respecto a 2013. A categoría ouro concédeselle aos destinos costeiros que conseguisen, como mínimo, unha puntuación de 8 sobre 10 en 3 ou 4 das 5 categorías, a condición de que chegasen ao 5 en todas elas e no caso de Baiona, ao ser a súa segunda participación, supere a puntuación conseguida hai dous anos. A maior melloría detéctase no apartado de medioambiente (dun 6’9 a un 8’1).

Recoñécese o traballo desenvolvido por Baiona, tanto por parte dos organismos públicos como privados, en materia de sustentabilidade, levando a cabo boas prácticas ambientais, pola beleza natural e patrimonio histórico- cultural da Vila, así como a estratexia turística dirixida á desestacionalización e en prol dun turismo de calidade, coa implantación de diversos programas, entre os que destaca o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, do que Baiona é destino xestor desde 2004e dedícase á aplicación de manuais de boas prácticas, formación… en diferentes empresas e servizos da Vila relacionados co sector turístico.

O municipio baionés e Noja eran os únicos casos de España que se presentaron, obtendo Baiona a categoría ouro e a localidade cántabra a de prata.

O rexedor de Baiona, Ángel Rodal, asegura que «ao vencer o QualityCoast Gold Award 2016, Baiona viu recoñecido o traballo desenvolvido polas soas prácticas de sustentabilidade, polas estratexias turísticas levadas a cabo e, por suposto, pola súa beleza natural e patrimonio histórico- cultural»

“É un orgullo certificar novamente na Categoría Ouro do programa internacional QualityCoast, que nos reafirma na nosa idea de traballar cara a unha mellora integral e continua do destino. Este galardón supón ademais un gran reto para Baiona xa que, de aquí a dous anos, necesitaremos mellorar en varios criterios para manter esta distinción ou, mesmo, superala. A nosa meta é tentar conseguir a certificación da Categoría Platino”, destacou a Concelleira de Turismo, Beatriz González.

“Este certificado supón un recoñecemento a este traballo, non só desde esta administración, senón tamén o realizado polo sector turístico e polos veciños e veciñas de Baiona e conseguido grazas á colaboración público-privada. Traballo que tamén se viu premiado o pasado mes de setembro cando a plataforma ambiental ‘Green Destinations’ incluíunos entre os 100 destinos máis sustentables do mundo”, destacou González.

A concelleira de Turismo ha conlcuídoqu: “A avaliación final deste proxecto recoñece e valora os nosos puntos fortes pero tamén detecta as opcións de mellora que debemos ter en conta de fronte ao futuro. Con esta folla de ruta, propoñémonos traballar para que o nome de Baiona continúe ligado ao concepto de turismo sustentable”.

-En canto aos aspectos positivos que se valoraron en Baiona destacan os seguintes:

* A creación do espazo mariño protexido das Rías Baixas, que dota dunha figura de protección ambiental ás augas que rodean Baiona.
* A recuperación de praias e dunas que se comezou polas de Ladeira.
* O modelo de xestión da auga potable a través de Wiz e a súa continuación en Saneplan para a xestión de augas residuais.
* O que o municipio conte con tres praias con bandeiras azuis (ademais do club de iates), e que todas as augas de baño de Baiona sexan de calidade Boa ou Excelente.
* A accesibilidade das praias e a escola de vela adaptada do Monte Real Club de Yates
* A protección do centro histórico de Baiona.
* O compromiso de Baiona co turismo de calidade, formalizado en INNOVATUR, e na implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) desde 2004.
*Mellora do transporte público a través do billete único da área metropolitana
*Participación de Baiona no plan de compostaxe da Deputación de Pontevedra
* Accesibilidade praias
*Seguridade xeral do destino e a posta en marcha da patrulla ambiental
* Hospitalidade da poboación e coidado da cultura local.

INFORMACIÓN QUALITY COAST
QualityCoast premia ás poboacións costeiras que compartan os valores de turismo sustentable e socialmente responsable, e que queiran ver recoñecido o seu atractivo para turistas interesados no patrimonio natural e cultural, unha natureza limpa, identidade local e na participación das empresas no turismo sustentable, así como as políticas implementadas no campo da sustentabilidade turística.

Ademais, valora o compromiso dos destinos para proporcionar aos seus habitantes e visitantes unha boa calidade de vida, asegurar un medio ambiente saudable, tanto para as persoas como para a natureza, e para adoptar os principios do desenvolvemento sustentable, así como un compromiso no desenvolvemento e implementación de políticas que aseguren estes obxectivos e na transparencia á hora de proporcionar información ao público.

– Que beneficios poden obter os destinos participantes?
.-Un recoñecemento a todo un territorio, que permite identificar cos distintivos de QualityCoast a toda a comunidade participante, non só a unha parte dela.
.-Unha promoción do destino premiado a través da campaña anual de márketing de QualityCoast a nivel europeo.
.-Unha maior sensibilización sobre os aspectos da sustentabilidade máis importantes para a comunidade.
.-Unha monitoraxe de fortalezas e debilidades do destino a través da avaliación do programa, así como asistencia para as melloras para implementar.
.-O desenvolvemento de oportunidades de colaboración con outras comunidades veciñas, así como de cooperación con outras comunidades similares a través de programas de intercambio, talleres e eventos anuais.

- Publicidade -spot_img