Baiona inaugura o gran proxecto de rehabilitación do edificio Sancti Spiritus que acolle a Biblioteca Municipal da Vila e o Arquivo Histórico da Vila, unha dos máis importantes de Galicia

baiona-inaugura-o-gran-proxecto-de-rehabilitacion-do-edificio-sancti-spiritus-que-acolle-a-biblioteca-municipal-da-vila-e-o-arquivo-historico-da-vila-unha-dos-mais-importantes-de-galiciaEsta mañá, Baiona materializou un dos proxectos máis ambiciosos dos últimos anos no municipio, a rehabilitación do edificio Sancti Spiritus que acolle a Biblioteca Municipal da Vila.

As novas dependencias albergan o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia na súa renovada edificación. Ao acto de inauguración acudiu a presidenta do Congreso dos Deputados e ex ministra de fomento, Ana Pastor, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de Sanidade e ex alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o alcalde de Baiona, Angel Rodal, a concelleira de Cultura, María Iglesias e demais membros da corporación local. O equipo de goberno conseguiu que a rehabilitación leve a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

baiona-inaugura-o-gran-proxecto-de-rehabilitacion-do-edificio-sancti-spiritus-que-acolle-a-biblioteca-municipal-da-vila-e-o-arquivo-historico-da-vila-unha-dos-mais-importantes-de-galiciaNa súa intervención o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a reforma e rehabilitación do edifico para a biblioteca municipal e o arquivo histórico de Baiona será un paso importante para a vila e para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O titular do Executivo galego salientou que o antigo hospital Sancti Spiritus cumpriu no seu momento unha función asistencial básica para a sociedade e agora “cumprirá outra igual de relevante: a de achegar coñecemento a todos os veciños de Baiona”

A pretensión sempre foi a de continuar coa liña de recuperación de inmobles e espazos de interese cultural e histórico para a vila que se iniciou hai uns anos. A empresa UTE Orega Coviastec foi a encargada das obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado e Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo goberno local para a reforma. O inmoble, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi rehabilitado totalmente cun deseño innovador.

baiona-inaugura-o-gran-proxecto-de-rehabilitacion-do-edificio-sancti-spiritus-que-acolle-a-biblioteca-municipal-da-vila-e-o-arquivo-historico-da-vila-unha-dos-mais-importantes-de-galiciaO proxecto gañador foi o denominado « Concéntrico» e o resultado do mesmo para o edificio é unha harmonización de elementos e materiais. A unión dos distintos espazos e engadidos construídos ao longo de séculos, así como dotar ao edificio da máxima funcionalidade, eliminando barreiras arquitectónicas e dando protagonismo tanto ás escaleiras como ao patio interior do edificio. Un dos principais obxectivos foi recuperar as relacións entre os distintos volumes que compoñen actualmente este conxunto arquitectónico, froito de ir agregando estruturas ao longo da historia. Para restablecer a harmonía liberáronse os interiores reorganizándoos de maneira que non se perda espazo.

Tamén foi necesaria a renovación da estrutura arquitectónica existente co fin de recuperar novos espazos adaptados ás necesidades dunha biblioteca dos nosos días. Dado o valor histórico do edificio perseguiuse durante a rehabilitación, manter un espírito de continuidade co pasado, no que conviven con naturalidade arquitectura tradicional e contemporánea. Para iso leváronse a cabo obras de conservación e restauración sobre as que se melloran as estruturas con mobiliario moi sinxelo e lixeiro que contrasten coa estrutura pétrea e solemne do edificio.

baiona-inaugura-o-gran-proxecto-de-rehabilitacion-do-edificio-sancti-spiritus-que-acolle-a-biblioteca-municipal-da-vila-e-o-arquivo-historico-da-vila-unha-dos-mais-importantes-de-galiciaA Biblioteca dispón de diferentes espazos ou salas destinadas a usos e servizos específicos. O propósito é proporcionar lugares idóneos para as diferentes necesidades dos usuarios da BCC, baixo as condicións e normas establecidas para cada un deles. Mostrador de Información e préstamo, Sala Infantil, e dúas salas polivalentes sitúanse na planta baixa do edificio. Nesta zona tamén se atopa o arquivo municipal, o lugar onde se sitúa a gran colección histórica que posúe o Concello. Na sala de consultores será onde terán ademais acceso á consulta da colección do Fondo Local da Biblioteca que conta cun fondo total de 32.500 rexistros bibliográficos. Na planta alta, atopamos unha sala xeral, na que converxen diversos espazos, como a sala de estudo, a sala de computadores, unha zona destinado ao estudo individual con varios cubos independentes, a colección xeral e outras seccións como xuvenil, comiteca, audiovisuais e os bancos de lectura… Desde un principio, no proxecto apostou por materiais reciclables e de escaso impacto para o medio ambiente e para a estética de edificio en xeral. Tamén se buscou unha distinción, sen causar impacto visual entre as novas actuacións e as anteriores.

nova-biblioteca-municipal-baiona-abrira-ao-publico-vindeiro-outonoA recuperación e potenciación do xardín como zona de esparexemento para dedicala a sala de lectura no verán, celebración de actos culturais ou concertos, tamén forma parte da proposta e moi pronto verá a luz. O Concello de Baiona encargou a unha paisajista un anteproxecto de axardinamento cuxo obxectivo é a creación dun xardín contemporáneo inspirado na orixe da parcela como horta.

Coa finalidade de dar a coñecer a todos os veciños as novas instalacións, a Concellería de Cultura organizou tamén unha xornada de portas abertas e a actuación dos personaxes máis famosos da literatura infantil galega, os seis irmáns Bolechas e o seu can. O persoal da Biblioteca Pública Municipal foi o encargado de recibir e guiar aos visitantes polo edificio, nun percorrido para coñecer a envergadura dos traballos levados a cabo na histórica edificación e para coñecer os diferentes espazos ou salas destinadas a usos e servizos específicos, entre os que se atopa o Arquivo Histórico da Vila, que alberga o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia.

A nova Biblioteca Pública Municipal converteuse na mellor infraestrutura deste tipo de todas as poboacións entre 10.000 e 20.000 habitantes de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies