Baiona elaborará un Protocolo de detección, coordinación e atención ás vítimas de Violencia de Xénero

O Concello de Baiona elaborará un Protocolo de detección, coordinación e atención ás vítimas de Violencia de XéneroO Salón de Plenos do Concello de Baiona acolleu a celebración da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero co obxectivo de expor estratexias para previr e atallar esta secuela social.

Presidida pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e pola Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Mª Carmen Paredes; representantes da Deputación de Pontevedra, Garda Civil, Policía Local, do ámbito sanitario, do educativo e persoal técnico do Centro de Información á Muller e do Departamento Servizos Sociais. A reunión, desta mesa que foi convocada a instancias da Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller, acudiron máis de vintena de persoas dos diferentes ámbitos interesadas en poder informarse sobre que accións poden levar a cabo de maneira particular para poder axudar globalmente á sociedade neste campo de actuación.

O Concello de Baiona puxo en marcha a mesa intersectorial para coordinar a loita contra a violencia de xénero desde as diferentes institucións públicas que traballan con este obxectivo na localidade. Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona o Consistorio faise consciente da necesidade de tomar medidas entre todos os profesionais para implicalos nun traballo coordinado de loita contra esta secuela social que, desgraciadamente, causa decenas de mortas ao longo do ano en toda España.

No encontro celebrado, os representantes dos diferentes ámbitos explicitaron a necesidade urxente dunha maior coordinación dos esforzos a fin de garantir a mellor atención e profesionalidade ás vítimas de violencia de xéneros. María Carmen Paredes explicou que “desde a Concellería de Igualdade comprometémonos a iso e marcámonos como obxectivo xeral a elaboración do Protocolo de detección, coordinación e atención ás vítimas de Violencia de Xénero no Concello de Baiona”. Respeito ao encontro, sublñou que “puxéronse sobre a mesa propostas en materia de prevención a nivel municipal desde os ámbitos educativo, sanitario e de servizos sociais, como pode ser o incremento das medidas preventivas en idades temperás”. Máis concretamente a concelleira detallo que “entre os obxectivos específicos está establecer canles de derivación e estratexias de proximidade entre os diferentes axentes/persoal técnico que contribúan a eliminar a victimización secundaria, optimizar a coordinación entre persoal técnico e institucións implicadas na intervención coas mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas menores, así como doutras persoas da súa contorna en situación de vulnerabilidade no municipio de Baiona, como estratexia que procure unha intervención de carácter global e integral coas mulleres vítimas.

Tamén se pretende elaborar indicadores de atención e seguimento que faciliten a retroalimentación cara o establecemento dunha avaluación coordinada e continua entre axentes crave”. Pola súa banda a Secretaria Xeral indicou que é necesario que a coordinación se estenda tamén ao ámbito municipal, favorecendo medidas a través da posta en marcha e dinamización no marco destas Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero nos municipios de Galicia, como instrumentos para optimizar a cooperación de todas as entidades implicadas neste obxectivo común, para incrementar o grao e a calidade da coordinación institucional por parte das administracións locais e autonómica, para contribuír a optimizar a accesibilidade aos recursos e as prestacións dos servizos de atención ás mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies