spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona e Angra do Heroismo (Açores) dan os primeiros pasos para o...

Baiona e Angra do Heroismo (Açores) dan os primeiros pasos para o seu irmandamento

O presidente do club de Açores, Augusto Silva, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Angra do Heroismo, José Gaspar de Lima, están estes días en Baiona para abordar co Monte Real Club de Yates cuestiones relacionadas coa regata oceánica e co Concello o proxecto de irmandamento de ambas as vilas.

Baiona e Angra do Heroismo, capital da Illa Terceira das Açores, comezaron esta semana o proceso para estudar o seu irmandamento. Os lazos culturais e históricos, coas rutas do Descubrimento de América e o comercio coas Indias, así como os deportivos, grazas a regata oceánica que organizan os clubs náuticos, son as referencias nos primeiros pasos para estreitar as súas relacións institucionais.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, mantivo no Monte Real Club de Yates unha primeira reunión co vicepresidente da Cámara de Angra do Heroismo, José Gaspar Rosa da Lima, na que tamén participaron o presidente do Angra Iate Clube, Augusto Silva, e o seu homólogo no club baionés, José Luis Álvarez. Ademais, estiveron presentes para avanzar no irmandamento o concelleiros María Iglesias, Beatriz González e Raúl Costas, concelleiros de Cultura, Turismo e Actividades Marítimas, respectivamente.

“Este primeiro contacto foi moi positivo para chegar a un irmandamento e estreitar as nosas relacións, que xa son históricas pero que nos últimos anos reforzáronse coa organización da regata”, apuntou Ángel Rodal.

O acordo entre os representantes de Baiona e Angra deberá agora plasmarse nos informes que serán presentados ante o Goberno de España para que autorice a firma. Posteriormente, os plenos municipais de cada localidade deberán dar o visto bo definitivo o irmandamento.

Vinculacións históricas  

As vinculacións se remontan xa ao século XV, posto que as Illas Azores foron o punto exacto onde se separaron as carabelas “La Niña” e “La Pinta” de regreso de América cando lles sorprende unha gran tormenta. “La Pinta” arribaría ao Porto de Baiona o 1 de marzo de 1493 mentres que “La Niña” chegaría ás Azores para días máis tarde continuar a súa travesía hasta Lisboa, onde arribaría un 4 de marzo de 1493.

dous-destinos-quality-coast-unidos-pola-regata-oceanica-baiona-angra-atlantic-race

A nova ruta do Descubrimento foi dende entón un nexo de unión que tivo continuidade cando o Rei Felipe II de España e I de Portugal autorizou a comercio de mercancías das Indias en ambos portos, coa construción en 1580 do Castelo de Sao Joao Batista en Angra e a mellora en 1582 da Fortaleza de Monte Real.

Turismo

As similitudes paisaxísticas, cunha grande baía e unha península que presiden ambas vilas, tamén están marcas pola importancia do turismo no sector económico e a presencia dun establecemento hoteleiro de referencia (o Parador Conde de Gondomar, en Baiona, e a Pousada de San Sebastiao, en Angra). A capital de Terceira converteuse en 1983 na primeira cidade portuguesa en ser nomeada Patrimonio Mundial da UNESCO, mentres que o casco vello de Baiona é dende 1993 Conxunto de Interese Histórico Artístico, ademais do título de Festa de Interese Turístico Internacional que recae na Arribada.

Atlantic Race

Baiona e Angra xa contan cunha grande regata internacional, unha competición transoceánica bianual de dobre etapa. A proba náutica celébrase cada dous anos e partirá de Baiona en xullo de 2018, ano no que se celebra o 525 aniversario da Arribada. Os barcos participantes percorrerán as 865 millas que as separan nun tempo máximo de 9 días e 8 horas. O Angra Iate Clube acollerá nas súas instalacións a entrega dos premios aos gañadores da primeira etapa. En Angra, as tripulacións poderán participar en diversos actos turísticos, sociais e culturais con visitas guiadas e programadas con motivo da súa chegada á illa.

- Publicidade -spot_img