spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona dá a benvida aos tripulantes do buque escola "Saltillo"

Baiona dá a benvida aos tripulantes do buque escola “Saltillo”

Baiona-benvida-tripulantes-buque-escola-SaltilloAs travesías do Buque Escola Saltillo serven para o adestramento dos estudantes da E.T.S. de Náutica e Máquinas Navais de Portugalete da EHU-UPV. O capitán, Mikel Lejarza, é o encargado de facer o planning para as viaxes nos que os estudantes pon en práctica todo o aprendido durante o curso. A ruta do veleiro consiste en navegar un día e parar en porto ao día seguinte.

Os 14 tripulantes, de entre 18 e 52 anos, que viaxan a bordo da nave son os encargados do seu mantemento durante todo o traxecto. Os mariños repartidos en cinco quendas realizan varias gardas ao longo do día para levar a cabo todas as tarefas do día día que consiste na limpeza de camarotes, a preparación das comidas, ademais das manobras marítimas pertinentes.

Onte 0 alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, deu a benvida á vila aos tripulantes do buque escola Saltillo. O rexedor agradeceu ao capitán, Mikel Lejarza, que fixesen escala no porto baionés. Vázquez Almuiña declarou que é un pracer que os baioneses e visitantes poidan coñecer de primeira man un barco tan histórico como o Saltillo

Os acontecementos dos que o buque foi testemuña fan del unha peza moi importante na historia nacional até o punto de que Juan de Borbón, avó de Felipe VI, utilizouno en múltiples ocasións e nel trasladouse até o “Azor” en 1948 para entrevistarse co Caudillo, a cinco millas de San Sebastián, para decidir cal sería o futuro na educación do que até hai pouco foi o Rei de España, Juan Carlos de Borbón. Ademais, en 1962 o Saltillo vestido cos seus mellores galas e fondeado en augas do Pireo foi atestiguante da ligazón entre D. Juan Carlos de Borbón e Dna. Sofía de Grecia. Así mesmo, a única vez que a nave cruzou o atlántico foi nunha travesía que o antigo monarca realizou a Nova York para atoparse co seu fillo, Felipe VI, que estaba embarcado no Juan Sebastián Elcano.

O izado de velas e a entrada e saída dos portos é unha tarefa que realiza toda a tripulación de forma conxunta

Nesta ocasión os estudantes estarán a bordo do Saltillo 21 días. O barco partiu o pasado 3 de xullo do porto de Santurtzi (porto basee), entrou en augas galegas o pasado 7 de xullo, e realizará unha travesía de 20 días pola costa galega. Tras a súa escala o fin de semana no XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Cabo de Cruz.

Cunha gran historia ás súas costas, o Saltillo é un veleiro de 26 metros de eslora, botado en 1932, de casco de aceiro e dous paus. Na actualidade utilízase para a formación das futuros mulleres e homes mariños vascos.

O capitán, Mikel Lejarza, ha declaro que é un pracer poder facer escala no porto de Baiona. A beleza da costa da localidade a bordo do veleiro resulta un agasallo para os seus tripulantes. Lejarz, quixo repetir por segundo ano consecutivo a escala na vila tras o éxito do ano pasado.

Aproveitando a proximidade de Baiona coas Illas Cíes o Saltillo fondeará nas illas para logo continuar a súa marcha cara aos portos de Sanxenxo, Marín e Corcubión

Baiona-benvida-tripulantes-buque-escola-Saltillo

- Publicidade -spot_img