spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona consegue por primeira vez na historia que cinco dos seus areais...

Baiona consegue por primeira vez na historia que cinco dos seus areais sexan distinguidos co distintivo de ‘Bandeira Azul’

Visitas guiadas BaionaBaiona consegue por primeira vez na historia que cinco dos seus areais sexan distinguidos co distintivo de ‘Bandeira Azul’.

Esta é a primeira vez que desde o Concello se solicita que sean cinco os areais conten coa devandita cualificación. A bandeira azul ondeará este verán na praia de Santa Marta, Ribeira, Concheira, Barbeira e Frades

A insignia outorgada pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) obriga a que as praias cumpran unha serie de requisitos aos que se adaptan os areais baioneses. Entre estes aspectos figura a existencia de paneis informativos con educación ambiental, o cumprimento dos estándares da calidade das augas, limpeza e mantemento dos servizos da praia, existencia de socorristas titulados e equipo de primeiros auxilios, accesibilidade, etc.

A bandeira azul tamén ondeará no porto deportivo do Monte Real Club de Yates, a bandeira azul polo coidado ambiental das súas infraestruturas, a calidade das súas augas e a excelencia dos seus servizos náuticos.

O paso inicial para que o organismo atenda as peticións é que a calidade da auga sexa excelente, uns resultados que se obteñen mediante análises quincenais realizadas ao longo do último período estival. Unha vez pasado o primeiro filtro pasan a analizar a accesibilidade, servizos e limpeza dos espazos. Pero non só os areais son candidatos a obter bandeiras azuis, tamén os sendeiros. Os seis quilómetros de percorrido entre a praia da Concheira e o espazo natural da Foz do Miñor foron seleccionados pola flora e fauna existentes no traxecto, o esforzo do Concello por coidar as especies autóctonas e eliminar as invasoras, así como os servizos ao longo do percorrido como contedores e papeleiras, auga potable, botiquín, establecementos de hostalería, miradoiros ou áreas de descanso accesibles para persoas con dificultades de mobilidade.

- Publicidade -spot_img