spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona consegue o récord de tránsito de barcos deportivos de Galicia

Baiona consegue o récord de tránsito de barcos deportivos de Galicia

Monte-Real-Club-Yates--Blas de Lezo-organizan-Baiona-seminario-dereito-náutico-explicar-últimos-cambios-introducidos-lexislación
 Os peiraos autonómicos da ría de Vigo incrementaron nun 74% o número de embarcacións en tránsito durante o mes de xullo. sendo as dársenas deportivas de Moaña, Cangas e Baiona as que tiveron un maior incremento, recibindo no pasado mes de xulio, un total de 506 barcos transeúntes fronte os 291 do mesmo período de 2015.
Os portos de titularidade autonómica da ría de Vigo recibiron 506 barcos en tránsito durante o pasado mes de xullo. Así o comunicou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ás instalacións deportivas de Baiona, o municipio que rexistrou o récord de actividade.
Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas de Moaña e Cangas e as dúas de Baiona incrementaron nun 74% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao mesmo período do ano anterior, no que recalaran nesta ría 291 barcos destas características. En concreto, Moaña recibiu este xullo 111 embarcacións en tránsito; Cangas, unha trintena; Monte Real Club de Yates de Baiona, 160; e Portos Deportivo Baiona, 206.
Deste xeito, a ría de Vigo confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa o pasado ano un importante ascenso no mes de xullo e que no que vai de ano está a manter os bos resultados. Non en van, o conxunto dos peiraos autonómicos de Galicia rexistraron no citado mes 2.400 tránsitos, preto dun 4% máis que o ano pasado. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, sobre todo francesas e británicas.

baiona-consegue-o-record-de-transito-de-barcos-deportivos-de-galiciaO presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou ás instalacións deportivas de Baiona onde anunció que o municipio rexistrou o récord de tránsito de barcos deportivos de Galicia. Estivo acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a concelleira de Turismo, Beatriz Gonzales e polos presidentes do Monte Real Club de Yates e o de Portos Deportivo Baiona.

Durante a súa visita a Baiona, Durán Hermida lembrou que este municipio foi o concello de Galicia no que se rexistrou o maior número de tránsitos, cun total de 366 barcos, un 75% máis que o ano anterior. Neste sentido, o presidente de Portos reiterou a importante repercusión desta actividade para a economía local dos municipios costeiros dado o volume de negocio que xera no sector náutico e auxiliar e no sector servizos.

Por este motivo, para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan estratéxico da náutica recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o a feira Fitur de Madrid, o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de París. Portos de Galicia ten previsto dar continuidade a estas accións en base á súa incidencia nas cifras de captación de actividade náutica para os peiraos galegos.

- Publicidade -spot_img