spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona amosa o seu potencial histórico a través das súas visitas guiadas...

Baiona amosa o seu potencial histórico a través das súas visitas guiadas gratuítas durante a Semana Santa

Baiona amosa o seu potencial histórico a través das súas visitas guiadas gratuítas durante a Semana SantaRealizaranse o xoves 2, venres 3 e sábado 4 de abril, ás 11:30 horas. A saída será dende a oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador) sen que sexa necesaria a inscrición previa.

Durante aproximadamente unha hora e media, unha guía oficial de Galicia especializada na materia, realizará cos participantes un percorrido polo casco histórico de Baiona e Paseo Ribeira. Entre outros, visitaranse os seguintes recursos: o Encontro Entre Dous Mundos, Convento das Dominicas, Capela da Misericordia, Ex -colexiata de Sta. María… para finalizar na Casa da Navegación de Baiona.

Esta última, de recente apertura, incorpórase ao percorrido guiado. O acceso será gratuíto e os visitantes poderán coñecer de primeira man a relación de Baiona co mar ao longo da historia: as súas orixes como Couto e Vila de Realengo, a arribada da carabela Pinta, como evolucionou o seu porto para destacar polas súas relacións comerciais con Europa e América…. ademais de diversas zonas onde se expoñen diferentes pezas históricas, pecios atopados no fondo do mar, artes de pesca, naufraxios,…

Para máis información: Oficina de Turismo de Baiona. Tel. 986 68 70 67; oficinadeturismo@baiona.org

- Publicidade -spot_img