Baiona acolle a final da Copa Galicia Junior feminina de baloncesto

baiona-acolle-final-da-copa-galicia-junior-feminina-baloncestoA Copa Galicia Junior Feminina é unha competición que disputan os equipos federados da devandita categoría en Galicia (xogadoras nadas en 2000 e 2001), durante os meses de Setembro e parte de Outubro.

Tras unha fase previa de liguiña con 10 equipos, chegan a esta fase final os catro mellores clasificados, disputando as correspondentes semifinais, final de consolación e final, nunha xornada e sede única; neste caso no noso municipio.

O vindeiro domingo, día 8 de outubro, o pavillón municipal de Baiona acollerá a fase final da Copa Galicia Junior feminina de baloncesto.

baiona-acolle-final-da-copa-galicia-junior-feminina-baloncestoGrazas á organización conxunta do Concello de Baiona e Celta Baloncesto Feminino, este domingo día 8 disputarase a mencionada fase onde todo aquel que se achegue ata o pavillón ás 10:30 horas do CELTA ZORKA- A.D.PELETEIRO SANTIAGO e ás 12:30 horas ESTUDANTES LUGO- DURAN MAQUINARIA ENSINOLUGO.

Xa en sesión de tarde, disputarase o partido polo terceiro e cuarto posto desde as 17:30, para a continuación celebrarse a gran final desde as 19:30 horas.

A cerimonia de clausura e a entrega de trofeos terá lugar ao termo da final sobre as 21h.

Na devandita competición haberá ocasión de ver a evolución de xogadoras que xa están en dinámica de categorías senior como é a liga Feminina 2 e que son xogadoras internacionais coas seleccións españolas da súa categoría como é o caso de Raquel Carreira e Ainhoa Lacorzana (Celta Zorka) e de Esther Castedo (Ensino Lugo).

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies