spot_img
InicioVigo e áreaVal MiñorBaiona acolle dende hoxe a XIV edición do Congreso da Sociedade Española...

Baiona acolle dende hoxe a XIV edición do Congreso da Sociedade Española de Radiociruxía

Baiona acolle dende hoxe a XIV edición do Congreso da Sociedade Española de Radiociruxía.O Parador de Baiona acollerá ata o próximo 26 de setembro, o XIV congreso da Sociedade Española de Radiocirxgía, un procedemento específico do ámbito da radioterapia para o tratamento de lesións craneais que estendeu o seu campo de actuación a outras áreas anatómicas.

O obxecto deste congreso é avaliar o desenvolvemento desta especialidade e proporcionar unha visión o máis ampla posible dos logros alcanzados, a súa transcendencia sobre a evolución dos coñecementos e técnicas así como a súa repercusión na sociedade.

O evento reunirá preto de 150 especialistas e líderes de opinión, nacionais e internacionais, das diferentes áreas profesionais implicadas.

- Publicidade -spot_img