spot_img
InicioVal MiñorGondomarAulas sobre ciclismo nos colexios públicos de Gondomar, como preludio de 'La...

Aulas sobre ciclismo nos colexios públicos de Gondomar, como preludio de ‘La Vuelta 2016’

aulas-sobre-ciclismo-nos-colexios-publicos-de-gondomar-como-preludio-de-la-vuelta-2016

O alcalde de Gondomar Francisco Ferreira e a concelleira de Deportes Nuria Lameiro, inauguraron ás xornadas que se celebrarán nas próximas semanas nos colexios Serra de Vincios, Xosé Neira Vilas de Peitieiros e Souto Doas, onde empezou hoxe a primeira ‘Aula Ciclista 2016’. Esta actividade está  apadriñada pola Fundación Deporte Xoven, do Consello Superior de Deportes, Unipublic, empresa organizadora La Vuelta Ciclista a España, Cofidis, empresa patrocinadora e a Asociación de Ciclistas Profesionais ACP.

Estas aulas de ciclismo están dirixidas a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Consta de dúas sesións, unha primeira teórica, onde un ex ciclista profesional explicará nocións básicas de seguridade viaria, adaptadas a cada unha das idades ás que se pretende chegar e ás características do deporte do ciclismo, xunto con anécdotas e peculiaridades, deixando que os nenos participen en todo momento para crear unha clase o máis interactiva posible.

Na segunda sesión, os nenos poñerán a proba as súas habilidades mediante a realización de gymkhanas deseñadas dentro do patio do colexio.

De todos os alumnos participantes na aula de ciclismo, farase unha selección de varios rapaces para participar nos dous últimos quilómetros, polos que pasarán pouco despois os ciclistas profesionais que estean a disputar o final da etapa La Vuelta Ciclista a España, con chegada a Baiona.

Todos os asistentes recibirán agasallos e o mellor dos mesmos irá ao pódium ao que subirá despois o vencedor da etapa, ademais de dispoñer dunha zona especial para gozar cos seus familiares da volta ciclista a España.

- Publicidade -spot_img