spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAugas de Galicia realiza un seguimento das zonas afectadas por inundacións en...

Augas de Galicia realiza un seguimento das zonas afectadas por inundacións en Redondela

redondela (Copiar)

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a realizar un seguimento da situación das zonas afectadas recentemente por inundacións en Redondela.

Persoal dependente do departamento autonómico está limpando desde a semana pasada os materiais arrastrados

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, desprazouse, xunto co alcalde, Javier Bas, ata os lugares afectados, onde reiterou o ofrecemento de apoio e colaboración por parte da administración autonómica.

Ao respecto, recordou que persoal dependente do departamento autonómico está limpando desde a semana pasada os materiais arrastrados. Ademais, mostrou a súa disposición a analizar outras solucións e proxectar novas actuacións que teñan como obxectivo paliar os efectos dos episodios de choiva intensa.

Neste sentido, recordou que o Goberno galego conta cun Plan de Xestión de Risco de Inundacións na demarcación Galicia-Costa, unha folla de ruta que se estenderá ata o ano 2021 e na que se inclúe a Redondela como zona inundable.

O obxectivo deste documento é lograr unha actuación coordinada de todas as administracións públicas e a sociedade para diminuír o risco das inundacións e reducir as súas consecuencias negativas, especialmente naquelas áreas identificadas con maior risco.

- Publicidade -spot_img