spot_img
InicioGaliciaCompostelaAspace celebrará as xornadas do Día Mundial da Parálise Cerebral 2014 en...

Aspace celebrará as xornadas do Día Mundial da Parálise Cerebral 2014 en Santiago de Compostela

Día Mundial de la Parálisis CerbralComo cada ano, O Día Mundial da Parálise Cerebral ten lugar de maneira simultánea en todos os países durante o primeiro mércores de outubro (día 1 este ano); pero para facilitar a participación das persoas con parálise cerebral e as súas familias, a Confederación ASPACE (Asociación de Persoas afectadas de Parálise Cerebral e Discapacidades Afíns) celebrará as súas xornadas facéndoas coincidir cos días 3 e 4 de outubro en Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia e Hotel NH Obradoiro) organizadas por ASPACE Galicia.

O obxectivo da celebración deste día e as xornadas que o acompañan é a visibilización da parálise cerebral e a concienciación social cara a esta condición.

O programa, aínda provisional, é o seguinte:

Venres 3 de outubro
17:00-17:30.- Recepción oficial por parte de autoridades locais na Praza do Obradoiro.
17:30-19:30.- Visita guiada por Santiago de Compostela.

Sábado 4 de outubro
9:30-10:00.- Recepción e entrega de documentación.
10:00-10:30.- Acto Inaugural.
10:30-11:15-Conferencia Xenética Evolutiva e Bioinformática. Anxo Carracedo.
11:15-12:00.-Conferencia Alteracións de masticación e deglución nas persoas con parálise cerebral e as técnicas para unha alimentación segura. Michelle Lle Mètayer.
12:00 ? 12:30 Descanso.
12:30-14:00.- Taller de Cidadanía Activa ASPACE.
14:00-16:30.- Descanso.
16:30-17:30.- Mobilicemos voluntariado colaborativo con renovado ímpeto. Toni Puig.
17:30-18:30.-Presentación de novos programas de Confederación ASPACE: Avaliando Capacidades (CIF), Fundación Vodafone España con #ASPACEnet, Rede de Cidadanía Activa ASPACE . . .
18:30-20:00.- Mesa redonda: Boas prácticas de Autogestores. Presenta e modera: Juan Manuel Montilla “O Langui”.
20:00-21:00.- Acto de clausura. Entrega de IV Premios ASPACE Ipsen Pharma. Lectura de Manifesto. Despedida de autoridades.
22:00-00:00.- Cea asociativa.

Ligazóns:
Confederación ASPACE
ASPACE Galicia

- Publicidade -spot_img