spot_img
InicioBaixo MiñoAs praias de “Area Grande” e “O Muíño” da Guarda lucirán un...

As praias de “Area Grande” e “O Muíño” da Guarda lucirán un ano máis o distintivo internacional de bandeira azul

as-praias-de-area-grande-e-o-muino-da-guarda-luciran-un-ano-mais-o-distintivo-internacional-de-bandeira-azul

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público hoxe o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

A praia de Area Grande e do Muíño obteñen este distintivo como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comezará co arranque estival.

A praia “Area Grande” luciu por primeira vez este distintivo no ano 2009, e dende esa data, todas as tempadas o conseguiu. Pola súa banda, o areal “O Muíño”, renovou a bandeira azul no 2010. Ademais da bandeira azul esta praia fluvial tamén contará co distintivo “Ecoplayas”.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente hoxe, publicouse o resultado.

- Publicidade -spot_img