spot_img
InicioVal MiñorNigránAs obras de mellora da estación de auga potable de Nigrán, nas...

As obras de mellora da estación de auga potable de Nigrán, nas que a Xunta inviste 1,1 millóns de euros, comezarán a vindeira semana

obras-mellora-estación-auga-potable-Nigrán-Xunta-Ethel-Vázquez-Alberto-Valverde-Medio-AmbienteA conselleira de Medio Ambiente destacou a importancia desta actuación porque incrementa o rendemento da infraestrutura actual e incorpora unha liña de tratamento de lodos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou esta mañá que as obras de mellora na estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Nigrán comezarán a vindeira semana.

obras-mellora-estación-auga-potable-Nigrán-Xunta-Ethel-Vázquez-Alberto-Valverde-Medio-AmbienteA responsable de Medio Ambiente visitou esta mañá –xunto co alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez- a ETAP na que se executarán esta actuación que financia Augas de Galicia e para as que destina un orzamento de 1,1 millóns de euros e que segundo as previsións da Xunta estarán en servizo antes do verán.

Ethel Vázquez salientou que a actual ETAP está construída para tratar un caudal de 200 litros por segundo, pero nestes momentos presenta unha serie de limitacións que impiden que esta opere no seu óptimo punto de funcionamento.

Nese sentido, as obras de mellora que se iniciarán nunha semana teñen obras-mellora-estación-auga-potable-Nigrán-Xunta-Ethel-Vázquez-Alberto-Valverde-Medio-Ambientecomo obxectivo garantir que a instalación incremente o seu rendemento e, ademais, incorporar unha liña de tratamento de lodos que permita a redución do seu volume mediante deshidratación.

O Concello de Nigrán abastécese do encoro de Zamáns a través dunha condución que leva a auga á estación de tratamento de auga potable (ETAP). Esta alimenta o depósito de Nigrán, de 15.000 metros cúbicos, situado nas inmediacións desta instalación, e mediante unha impulsión ao depósito de Priegue, de 1.800 m3.

obras-mellora-estación-auga-potable-Nigrán-Xunta-Ethel-Vázquez-Alberto-Valverde-Medio-AmbienteEn distintos períodos do ano, debido ás elevadas concentracións de sólidos en suspensión, prodúcese unha sobrecarga do sistema de depuración que se traduce nunha colmatación máis rápida dos filtros de area. Esta acelerada saturación dos filtros comporta un aumento do número de fases de lavado co conseguinte descenso da capacidade de produción de auga potabilizada. Neses momentos a ETAP non é capaz de asimilar o caudal para o cal foi dimensionada, e supón ademais un elevado aumento dos gastos de explotación.

Vázquez Mourelle salientou que grazas a esta actuación outros concellos da zona se verán beneficiados por esta mellora –que xunto cos de Nigrán suman máis de 26.000 habitantes, xa que en momentos de forte seca é necesario complementar o recurso do encoro de Baíña con auga proveniente da rede de abastecemento de Nigrán. Este incremento da necesidade de potabilización de auga coincide cos momentos en que a calidade da auga da orixe limita a capacidade de produción, polo que esta obra aumenta a garantía dun abastecemento en cantidade e calidade a estes dous concellos do Val Miñor.

No bo camiño para implantar o transporte metropolitano na área de Vigo

Ethel Vázquez destacou que “hoxe é un día importante”, xa que 11 concellos da área de transporte metropolitana de Vigo aprobaron onte nos seu respectivos plenos o convenio, e esperamos que mañá Soutomaior ratifique este documento no seu pleno municipal, -precisou,- que permite a posta en marcha desta iniciativa de mobilidade.

Tamén indicou que espera que os responsables políticos de Gondomar acaden o consenso necesario e o acordo que permita aprobar o convenio do transporte metropolitano, que facilitará aos veciños aforros anuais de ata 600 euros e que contempla maiores beneficios para as familias numerosas.

Por último, salientou que o apoio destes concellos da área de Vigo indica que a Xunta está a avanzar polo bo camiño para implantar este proxecto de mobilidade que xa está en marcha en catro áreas de Galicia (A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo).

 

- Publicidade -spot_img