spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAs novas promesas do piragüismo da provincia de Pontevedra, recibidas na Deputación...

As novas promesas do piragüismo da provincia de Pontevedra, recibidas na Deputación tras os éxitos internacionais

as-novas-promesas-do-piraguismo-da-provincia-pontevedra-recibidas-na-deputacion-tras-os-exitos-internacionaisA deputada de Deportes, Chelo Besada, destacou os fantásticos resultados colleitados por estes e estas deportistas nos Campionatos do mundo e nos Xogos Olímpicos Europeos da Xuventude, onde conseguiron 8 medallas

 A deputada de deportes, Chelo Besada, acompañada pola deputada de Cohesión Social e Xuventude,Digna Rivas, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios,  recibiron hoxe no Pazo Provincial aos e ás piragüistas da provincia de Pontevedra que participaron recentemente nos Xogos Olímpicos Europeos e da Xuventude, que se celebraron en Hungría, e no Campionato Mundial Xuvenil e Sub-23, que tivo lugar en Rumanía, colleitando uns fantásticos resultados e un total de 8 medallas.

Chelo Besada transmitiulle as súas felicitacións aos e ás piragüistas pola súa excelente participación nestes dous campionatos internacionais e polos seus logros históricos que poñen, unha vez máis, á provincia de Pontevedra no máis alto do palmarés internacional. A deputada provincial lembrou tamén que esta é unha terra cunha “importante canteira de palistas”, que á vista da traxectoria destes novos e novas deportistas, poderemos seguir presumindo con orgullo de novos títulos mundiais.

Entre os e as deportistas que asistiron á recepción estaban o campión do mundo júnior,Pablo Graña,o dobre medallista de ouro nos Xogos Olímpicos da Xuventude Manuel Fontán, as medallistas de prata CarlaFrieiro, Carolina García, Antía Jácome, María Pérez e os e as palistas Marta Iglesias, Raquel Torres e David Barreiro, que tamén obtiveron uns fantásticos resultados nestas competicións internacionais.

- Publicidade -spot_img