spot_img
InicioBaixo Miño“Arte rupestre, visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón”, primeira das rutas...

“Arte rupestre, visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón”, primeira das rutas da nova edición “Tomiño Único”

arte-rupestre-visita-nocturna-aos-petroglifos-do-monte-teton-primeira-das-rutas-da-nova-edicion-tomino-unicoA primeira das saídas será o mércores 12 de xullo, cunha visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón

A nova edición do ciclo “Tomiño Único”, organizado pola Concellalía de Turismo do Concello de Tomiño, que dirixe Fátima Rodríguez, propón tres rutas diferentes para coñecer o patrimonio natural, etnográfico e histórico do municipio, da man de expertos guías que acompañarán ás persoas apuntadas.

A primeira saída, “Arte rupestre, visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón”, será este mércores (12 de xullo) a partir das 21.00 horas. O punto de encontro será o Alto do Padrón (extrema entre Tomiño e Gondomar), nas coordenadas GPS: 42.062956, -8.744535.

A seguinte proposta, “Ouro, estrelas e mouros”, será no mes de agosto (mércores 16 de agosto. 20.00h), con punto de partida na Casa da Cultura de Pinzás (coordenadas GPS: 42.055622, -8.782377).

Xa no mes de setembro, terá lugar a terceira e última saída “Camiño do norte a Santiago”. Será o día 16 ás 18.00 horas. O punto de reunión e partida será a Igrexa de Goián (San Cristovo). Coordenadas GPS: 41.946970, -8.773004.

Fátima Rodríguez indica que estas rutas teñen coma finalidade dar a coñecer e por en valor o patrimonio natural, paisaxístico, artístico e etnográfico de Tomiño, a través de percorridos de dificultade media e duración aproximada de 3 horas, destinados a público familiar.

Recomenda levar roupa e calzado cómodo e advirte que os menores de 15 anos terán que ir acompañados por un adulto.

É aconsellable inscribirse previamente, a través da web municipal (www.tomino.gal); enviando un correo a cultura@tomino.gal, ou ben, chamando por téléfono ao 986 622 001.

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img