A Arribada de Baiona, a historia feita festa

arribada-baiona-historia-feita-festaBaiona, vila tranquila, bela e rebosante de historia, foi o primeiro porto de Europa que recibiu a nova do Descubrimento de América. A esta localidade pontevedresa chegou o 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, traendo a nova da existencia dun novo mundo.

arribada-baiona-historia-feita-festaDende Baiona sairon os correos hacia Castilla para informar aos Reis Católicos e o mundo enteiro a nova. Unha semana máis tarde Colón chegaba a Lisboa a bordo da Niña. Para conmemorar este feito construiuse unha réplica da Carabela que figura atracada no porto de Baiona, convertida nun museo flotante.

A Festa da Arribada conta co título de Festa de Interese Turístico Internacional.

arribada-baiona-historia-feita-festaEn torno a este acontecemento tamén se celebra todolos anos, o primeiro fin de semana de marzo, a Festa da Arribada. Durante dos días vecinos e visitantes viven entre o século XXI e o XV. Esto lograse a través da ambientación e dunha coidada programación nos que se incluen actividades e elementos que permiten coñecer a historia e trasladarse no tempo ata o Medievo.

A Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribou a Baiona o 1 de marzo de 1493.

arribada-baiona-historia-feita-festa

Monumento a Martín Alonso Pinzón en baiona

A Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribou a Baiona o 1 de marzo de 1493. Así foi coma a vella Europa tivo noticias do novo continente. Este trascendental feito convertíu á localidade pontevedresa no primeiro porto que tivo coñecemento da existencia de América.

Da Real Vila de Baiona, partiron de inmediato correos hacia a corte para informar aos Reis Católicos da noticia que cabiaría a configuración de todolos mapas xeográficos e de navegación mundial. Dúas semanas máis tarde, unha vez reposta a tripulación e recomposta a matrecha nave, Pinzón partíu hacia Lisboa ao encontro da carabela Niña e do Almirante Colón. Da capital portuguesa regresaron a Palos de la Frontera, lugar de onde sairon un ano antes coa intención de atopar unha nova ruta hacia as Indias.

arribada-baiona-historia-feita-festa

A réplica da Carabela Pinta en Baiona

Segundo o relato que Pinzón fixo unha vez desembarcado ao Correxidor da vila de Baiona, Payo Veloso, a Santa María afundirase alá nas Indias -. “Só regresamos -dixo- La Niña, que capitaneaba o meu irmán, onde embarcou o almirante Colón, e a miña carabela. Navegábamos con rumbo a Sevilla, pero á altura das illas Azores un terrible temporal separounos. Capeamos como puidemos e coma o meu piloto Cristóbal García Sarmiento, é destas terras aproveitamos ventos favorables poñendo rumbo a esta vila que sabemos Porto Real”.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies