spot_img
InicioVal MiñorBaionaArriba a Baiona unha reproducción da Carabela Santa María

Arriba a Baiona unha reproducción da Carabela Santa María

Arriba-Baiona-unha-reproducción-Carabela-Santa-MaríaÁs 10:45 arribou en Baiona unha reprodución da Carabela Santa María. O seu labor é presidir o xardín temático de xogos proxectado no movo Museo da navegación. Construída con 8 metros cúbicos de madeira de piñeiro vermello, a peza está formada por unha das metades da carabela.

É o elemento principal do xardín temático sobre o mar que albergará o xardín cuxa financiamento foi asumida entre o Concello e a Deputación. A escola de canteiros e os talleres ocupacionais do centro Príncipe Felipe de Pontevedra asumiron o encargo. Para a súa construción foron necesarios tres meses ademais de 10 quilogramos de pintura.

Os nenos e nenas baioneses poderán gozar deste novo xogo no xardín infantil que está aberto en horario ininterrompido de 11 horas a 21 horas e ademais poden acceder directamente por cálea Conde.

Coa incorporación desta nova peza Baiona suma á réplica da Carabela Pinta a metade da Santa María polo que á Vila soamente faltaríalle por albergar unha do tres naves coas que Colón viaxou a América, a Nena.

- Publicidade -spot_img