spot_img
InicioVal MiñorBaionaArranca o III Obradoiro de Emprego “Terras Do Miñor”

Arranca o III Obradoiro de Emprego “Terras Do Miñor”

III Obradoiro de Empleo "Terras do Miñor"A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha un novo Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia.

O proxecto Obradoiro de Emprego TERRAS DO MIÑOR III, promovido pola mancomunidade de concellos do Val Miñor ten como finalidade formar a 23 persoas dos tres concellos que forman a mesma , nas competencias profesionais necesarias na rama da hostalaría, de xeito que podan insertarse a finalización do mesmo no mercado laboral , nun sector como os servicios adicados ao turismo que na nosa comarca cada vez ten un maior crecemento.

Esta maña, xunto aos 23 alumnos seleccionados, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, o Alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, o Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, a Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa da Xunta, Susana Figueroa e o Director do Obradoiro, José Juis Abraira, presidiron o acto de presentación deste III Obradoiro.
O Alcalde de Baiona, como presidente da Mancomunidade, en nome dos alcaldes de Nigrán e Gondomar deu a benvida aos alumnos e destacou que o proxecto ten como obxectivo principal mellorar a empregabilidade dos mesmos facilitándolles o su acceso ao mercado laboral, xa que conta cun altísimo índice dos participantes que encontran un posto de traballo. Almuiña desexoulles moita sorte e animounos a que o maior partido a esta experiencia formativa e oportunidade laboral co desexo que unha vez finalizada a formación encontren un emprego estable.
Está é a tercera edición deste proxecto formativo, que nas edicións anteriores tivo entre un 75%- 85% de inserción posterior, o que significa un aproveitamento optimo por parte do alumnado de estas políticas activas de emprego.

O proxecto foi redactado polos servicios técnicos de emprego e desenvolvemento local da mancomunidade e solicitado a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia en febreiro de 2014.

O proxecto está cofinanciado pola Consellería de Traballo con unha subvención da Concelleria de Traballo e Benestar de 220.000 euros a traves do Fondo Social Europeo e a Mancomunidade do Val Miñor.

A este proxecto se presentaron, a través da correspondente sondaxe remitida polo servizo público de emprego 47 aspirantes dos tres concellos do Val Miñor dos que foron seleccionados polo Grupo Mixto de selección 23 alumnos- traballadores, que durante os seis meses de duración do proxecto se formarán en dúas especialidades co seu correspondente certificado de profesionalidade ; a especialidade de OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA ( con 11 alumnos ) e a especialidade de SERVIZOS DE RESTAURANTE ( con 12 alumnos) durante os seis meses de duración do proxecto.

A parte técnica impartirase nas instalacións do Centro Ángel Bedriñana (Praza Abastos Baiona) ata o mes de novembro para seguidamente comezar coa parte técnica que terá lugar na Residencia de Tempo libre de Patos (Nigrán).

Para a súa xestión e funcionamento o OE contará cun equipo técnico formado por un director, unha titora , unha administrativa e dous expertos docentes nas especialidades respectivas asemade de profesorado para a realización de asignaturas complementarias.

O alumnado será formado integramente nos contidos formativos de ditas especialidades realizando tanto traballo teórico coma práctico entre a obra ou servizo a realizar destacamos a posta en marcha dun comedor social que beneficairá a persoas con menos recursos na comarca e a realización de xornadas de difusión de productos típicos da zona, e en definitiva a realización de todo tipo de actuacións que contempla o itinerario formativo dos correspondentes certificados de profesionalidade.

- Publicidade -spot_img