spot_img
InicioVal MiñorGondomarA app de turismo de Gondomar recibe máis de 20.000 visitas en...

A app de turismo de Gondomar recibe máis de 20.000 visitas en cinco meses

gondomar-estrea-a-sua-primeira-guia-de-informacion-turistica-en-fiturAs máis de 20.000 entradas rexistradas nesta aplicación turística do Concello entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2017, son unha constancia da utilidade dunha aplicación que pretende iluminar moitos dos atractivos do Concello de Gondomar, que hasta agora estiveron sumidos nas tebras da invisibilidade.

A concellería que dirixe Xosé Antón Araúxo púxoa en marcha o pasado 1 de agosto e segundo os datos que manexaba o Concello, sabian que o principal interese ía estar en España e Portugal, dende onde chegan máis do 90% das entradas… Pero “os datos estatísticos demostran que temos de incidir na proxección exteior do noso concello”.

Para  o concelleiro, “hai reseñas moi sorpendentes, como que no TOP-10 de países que se adentraron na páxina do noso concello figuen  países exóticos como Corea do Sur ou China, con 100 visitas entreámbolos dous países asíaticos”.

“Tamén resulta chamativo que o segúndo país que máis entradas rexistra sexa EEUU, cos que non temos especiais viinculos sociais, económicos o u migratorios, pero que albiscan un interesente nicho de mercado turístico”.

Mais previsible era que entre os países de América, tanto Uruguai, como Arxentina figurasen á cabeza, xa que a estes duos países sudamericanos chegou moita emigración do Val Miñor, especialmente de Gondomar. “As estatísticas nos mostran que temos que enfocar con máis intensidade a nosa acción turística nestes países”, subliña.

O crecente interese europeo polo turismo verde, tamén aparece reflectido coa presencia de países como Francia, Reino Unido ou Alemaña.

A Concellaría de Turismo ten programdas novas actuacións en soporte dixital el visual para incidir na nosa visibilidade exterior.

 

- Publicidade -spot_img